3/31/2011

Petición do CCE ao Valedor do Pobo

Reganosa ao caron de Forestal e Inmegasa

Extracto do escrito que o Comité Cidadán de Emerxencia dirixe ao Valedor do Pobo:

Na noite do 19 de Abril de 2010 tivo lugar un incendio no complexo petroquímico de Forestal del Atlántico (Punta Promontorio –Concello de Mugardos) a 200 m da Planta de gas de Reganosa no interior da Ría de Ferrol, no mesmo momento no que se procedía a descarga de 58.372 Tons de GNL polo gaseiro “Madrid Spirit”. Esta situación foi de máximo perigo para todos os que vivimos na contorna da Ría, debido ao efecto dominó que puido ocasionar unha explosión nos depósitos de Forestal del Atlántico. Os bombeiros de Ferrol conseguiron controlar o incendio despois de dúas horas de traballo. A pesar do ocorrido non se activou o Plan de Emerxencia de Forestal, nin o de Reganosa.

Ningún organismo público (Dirección Xeral de Protección Civil, Concello etc..) alertou a poboación nin se pronunciou ao respecto.

Estes sucesos leváronos a dirixirnos ao Director Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia mediante escrito (4 de Maio de 2010) solicitando as oportunas aclaracións dos feitos. A xuntanza, entre representantes da Plataforma de veciños de Mehá, membros do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ria de Ferrol co Director Xeral de Emerxencias e Interior (Antonio Villanueva Álvarez) e o Subdirector (Roberto Suárez Vázquez) tivo lugar o 4 de Xuño de 2010, nela o Director comprometeuse a entregar toda a documentación relativa ao procedemento de avaliación do incidente recollido no protocolo do Plan de Emerxencia Exterior de Forestal, así como tamén a implementar simulacros de emerxencia entre a poboación, ao que están obrigados, e que non fixeron ate agora.

A pesares do tempo transcorrido, e de sendos escritos enviados pola Asociación (17/Xuño/2010 e 19/Outubro/2010) solicitando a devandita documentación, o certo é que a mesma non nos foi entregado nin os plans de emerxencia implementados e actualizados cada 3 anos como esixe o RD 1196/2003 Directriz básica de protección civil para o control e planificación ante o risco de accidentes graves.

Por todo elo , Solicitamos a intervención de Vostede para obter da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia a devandita documentación e que os nosos dereitos a información e a protección sexan respectados.

En Ferrol a 28 de Marzo de 2011

Ler Escrito completo e anexos

Comité Cidadán de Emerxencia


ferrolsuso.blogspot.com

3/29/2011

Os perigos de Reganosa


Comunicado do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

Onte 28 de marzo, fixo a súa entrada na Ría, de xeito ilegal, o “Catalunya Spirit”, cargado de GNL, a través dunha canle de 4,5 Km. e 150 m. de ancho navegable, con 6 cambios de rumo.

Ilegal, xa que os gaseiros cargados non poden cumplir a normativa de navegabilidade, no caso dunha emerxencia, dadas as condicións da Ría de Ferrol.

O tráfico dos gaseiros e a ubicación da Planta de Reganosa – ilegal e innecesaria – supón un risco permanente para a vida dos milleiros de persoas que habitan a súa contorna.

Unha planta que alberga 150.000 Tons. de GNL e está situada ao carón do Complexo “Forestal del Atlántico” con máis de 280.000 Tons. de combustibles e produtos químicos, ubicado todo elo a poucos metros das vivendas da veciñanza.

Un accidente fortuito nesas instalacións, unha catástrofe natural ou un acto terrorista (as Plantas de Gas son obxetivo prioritario de Al Qaeda), causarían unha traxedia irreparable nesta comarca.

Lembremos que no accidente dos Alfaques (1978), un camión-cisterna con 25 Tons. de gas líquido (propileno) matou a 243 persoas. Reganosa equivale a 6.000 camións ou 12.000.000 de bombonas.

Agora mesmo en Xapón, logo do terremoto e o tsunami, están a sofrir o desastre nuclear, con efectos impredecibles que afectarán non só os xaponeses. E esto ocurre despois de moitos anos desprezando ou silenciando as opinións de persoas sensatas que advertían dos peligros, pero o beneficio económico das empresas enerxéticas – igual que acontece con Reganosa – foron considerados máis importantes que a seguridade das persoas.

Aquí, a Dirección Xeral de Emerxencia da Xunta de Galicia, segundo un medio de comunicación, vai a completar o Plan de Emerxencia de Reganosa, catro anos despois da entrada en funcionamento da Planta.

Esto da a medida da insensatez de quen, desde a administración pública, debería velar pola seguridade da cidadanía e non supeditala aos intereses dos promotores.

Nos vindeiros días o CCE vaise dirixir ao Valedor do Pobo para que lle sexa entregada a documentación requerida á Xunta – e todavía non recibida – logo do incendio ocorrido no mes de abril do 2010.

Exiximos, unha vez máis, anticipándonos a un accidente irreparable, o desmantelamento da Planta e a reapertura do gasoducto de Tui, bloqueado para beneficio dos promotores de Reganosa.

Ferrol, 29 de marzo 2011

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

ÁLBUM FOTOGRÁFICO DA PROTESTA DE ONTE

3/27/2011

Vítoria xusta do Galicia de Mugardos na Pedreira ante o Foz




O Galicia de Mugardos gañou ao Foz por 3 tantos a 1 nun partido onde o conxunto lugués non amosou moito potencial ofensivo e deixou o dominio do centro do campo nas máns do equipo de Germán Amil. O Mugardos foise ao descanso con vítoria pola mínima grazas ao gol de Vituco.

Na segunda metade o Galicia ampliou a súa ventaxa co tanto de Maikel e sentenciou co gol de Grueiro, prácticamente ao remate do tempo regulamentario.

O tanto da honra do Foz chegou cando o reloxo marcaba o minuto 85 de partido e foi obra de Dumi tras un erro defensivo mugardés. Dumi foi o mellor xogador do Foz esta tarde na Pedreira.

O primeiro tanto da tarde saiu dunha xogada que parte de Manel ao ver a Vituco internarse pola banda dereita, o pase permite a Vituco quedarse só diante da porta de Bruzas e bater ao porteiro visitante por baixo.

Na segunda metade, o segundo gol do equipo de Germán Amil chegou no minuto 81 de partido e foi obra de Maikel cando rouba un balón ao Foz e bateu ao porteiro visitante a media altura.

O terceiro do Mugardos marcouno Grueiro tras a incorporación do xogador pola banda esquerda e despois de lograr bater ao porteiro Bruzas dun tiro cruzado.

Ao final tres puntos de ouro para un Galicia de Mugardos que volveu a reencontrarse coas vítorias.


Galicia de Mugardos.-Agustín, Rouco, Jorge, Rubén, Adrián Martínez, Maikel, Diego Seco, Rebolo, Juan Jesús e Vituco. Nos cambios sairón Canosa por Diego Seco no descanso. Min 85 Grueiro por Vituco. Min 90 Oscar Pérez por Rebolo.


Foz.- Bruzas, Rubén, Javi Chinchón, Dani Chinchón, Diego Hermida, David, Iago, Dumi, Nacho, Cristián Iglesias, Celeiro. Nos cambios entrou José no minuto 68 por Cristián Iglesias e Adrián Rivas por Dani Chinchón no minuto 81.


Arbitrou o partido o colexiado coruñés Marco Antonio Andrade Seoane auxiliado por Patricia Rodríguez e Adrián García.


3/26/2011

Perigo!! gaseiro 87 cargado con GNL para Reganosa


Agárdase para o lúns día 28 de marzo a entrada na ría de Ferrol do gaseiro cargado con GNL, nº 87 , "Catalunya Spirit", un gaseiro cargado con miles de toneladas de GNL para a ilegal e perigosa Reganosa.

É por isto polo que o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha CONCENTRACIÓN de protesta este lúns 28 de marzo, ás 7 da tarde, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, na Praza Amada García, en Ferrol.

O Comité demanda unha vez mais a paralización e desmantelamento da Planta de Reganosa e hoxe en día, a realidade, vai colmando de lexitimidade esta exixencia:

Nunha coxuntura económica como a actual é un tremendo despropósito manter, a costa dos impostos de toda a cidadanía, unha Planta antieconómica e innecesaria só para lucro dos seus promotores.

Ante a triste situación que contemplamos estes días no Xapón, faise imprescindible valorar a extrema perigosidade desta Planta dentro da nosa Ría. De suceder calquera tipo de catástrofe natural, accidente no seu funcionamento ou agresión terrorista, pola súa improcedente e interesada ubicación, sería a ruina da comarca e das vidas dos seus habitantes.

Antes de que suceda unha catástrofre


Comité Cidadán de Emerxencia

Culmina o Seminario de Comarcas Sostibles con éxito de asistencia

Boa asistencia e mellores críticas é o que se levou este ano o Seminario Internacional de Comarcas Sostibles. Quizá pola inevitable actualidade ou por que de verdade xa estamos collendo conciencia do noso ao redor, o caso é que as xornadas organizadas este xoves e venres pola Mancomunidade do Sueste foron todo un éxito de asistencia.

A auga como fonte de enerxía alternativa foi a protagonista da primeira xornada do 6º Seminario Internacional de Comarcas Sostibles que comenzou este xoves ás 11:30 horas; con todo o Centro Cultural da Vila de Ingenio "Federico García Lorca" tamén tivo o seu momento de gloria xa que se estreaba para a ocasión. Cheo ata a bandeira, o lugar aínda cheiraba a recentemente pintado e os asistentes encomiaron o bo gusto da súa estrutura.

A gran ausencia foi a de César do Campo, presidente do grupo de Enxeñería Oceánica de Madrid que era o primeiro relator, pero por unha cuestión de saúde de forza maior tivo que cancelar a súa participación no seminario. No seu lugar Guillermo García Reina, Director do Centro de Biotecnoloxía Mariña de Gran Canaria expuxo o primeiro relatorio. O seu proxecto sobre a biomasa interesou aos asistentes de forma notable. "Estou convencido de que a biomasa salvaranos", dixo.

"Desde o punto de vista técnico, o Sueste é o mellor sitio para comezar o proxecto", engadiu. Durante o xoves e o venres expertos de todo o mundo debaterán e exporán os seus relatorios sobre enerxías renovables e desenvolvemento sostible, uns termos que son bastante familiares para os veciños da Comarca do Sureste xa que desde a Mancomunidade molestáronse en ter sempre moi presente. [Ler máis]

3/24/2011

Concentración en Ingenio (Gran Canaria)

Concentración en Ingenio, Sureste de Gran Canaria

Na localidade de Ingenio, pertencente á Mancomunidade do Sureste de Gran Canaria daba comezo hoxe o 6º Seminario Internacional de Comarcas Sostibles.

Ás portas do Centro Cultural Federico García Lorca de Ingenio onde se celebra o Seminario, concentrábase a policía local de Agüimes e como se pode comprobar, tamén chegaba "A VERMELLA".


6º Seminario de Comarcas Sostibles

Concentración ante o Consello da Xunta



Representantes do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol concentráronse hoxe a mañá ante o Edificio Administrativo da Xunta, na Praza Amada García, coincidindo coa celebración nese lugar do Consello da Xunta de Galicia, para exixirlles – unha vez máis – o cese de actividade e o desmantelamento da Planta de Gas de Reganosa en Mugardos.

Unha Planta innecesaria, antieconómica, destructiva da riqueza da ría e amenaza constante da vida da cidadanía.

Unha Planta para a que, tras catro anos de funcionamento, e motivado polo sucedido en Xapón, proxecta agora a Xunta poñer en marcha un Plan de Emerxencia, burda manobra que non convence a ninguén, pois toda a cidadanía é consciente que de producirse un accidente convirteríase nunha traxedia con milleiros de mortos.

En coincidencia, outros colectivos ferroláns manifestaron os moitos incumplimentos desta Xunta de Galicia, segundo se amosa neste

ALBUM FOTOGRÁFICO (Suso Pazos)

Comité Cidadán de Emerxencia

3/22/2011

A Xunta completará este ano a implantación do PEE de Reganosa


Plan de Emerxencia Exterior (PEE)

En agosto de 2007, a entón directora xeral de Protección Civil da Xunta, Esther González, calculou un ano de prazo para a implantación do Plan de Emerxencia Exterior (PEE) de Reganosa. transcorreron catro, cun cambio de goberno por medio, e a Xunta ten pendente aínda completar o proceso. Está previsto que o faga, por fin, no presente 2011.

O PEE de Reganosa está "colgado" desde o 31 de xullo de 2007 na web da Dirección Xeral de Protección Civil. Nos seus 106 páxinas defínense 40 supostos de urxencia e os protocolos de actuación que deben seguir os grupos operativos de actuación -bombeiros, policía ou voluntarios de Protección Civil- e a poboación. Identifícase un perímetro de 400 metros que se denomina zona "de intervención" e establécense os pasos a seguir para a implantación do plan, entre os que están a información á poboación e a realización de simulacros.

Ata 2009, dous anos logo da entrada en fase de actividade comercial da planta regasificadora, non se colocou nas inmediacións a torre de sirenas que habería de dar a alarma en caso de accidente. Fóronse realizando, iso si, os labores de divulgación e información á poboación. Desde a Consellería de Presidencia, da que depende a Dirección Xeral de Protección Civil, indicouse onte que se realizaron percorridos porta por porta na área máis próxima a Reganosa e que se repartiron máis de 3.000 folletos informativos. O labor de divulgación realizouse fundamentalmente no ano 2008 e desenvolveuse máis ben de forma discreta. De feito, en xuño daquel ano a Dirección Xeral de Protección Civil elixiu un lugar ben afastado da zona "de intervención" para ir celebrar unha "Xornada de Formación de Xornalistas" sobre o Plan de Emerxencia Exterior de Reganosa: o hotel Meliá, na Coruña.

A estas alturas, a Dirección Xeral de Protección Civil está ultimando os manuais operativos dos grupos de acción e prevé realizar ao longo do presente ano un simulacro ou un exercicio no que se activará de forma ficticia o Plan de Urxencia Exterior.
En xeral, a pauta que ha de seguir a poboación en caso de accidente é o confinamento, é dicir, manterse dentro das súas casas e esperar as instrucións que se darían a través da radio. Segundo o PEE, realizaranse probas de sirenas para que a poboación coñeza o seu son e, nesas ocasións, contarase coa colaboración dos medios de comunicación. Ademais, cada tres anos farase unha revisión do plan, avaliando o resultado dos simulacros.

Xunto ao PEE de Reganosa, a Xunta ten "colgados" os de Forestal do Atlántico "cuxos supostos de accidente afectan en exclusiva ao interior da empresa" e outras catro empresas en Galicia, incluído o da refinería de Repsol na Coruña.

Diario de Ferrol

3/21/2011

Risco nuclear, unha broma comparada co gas líquido

Incendio en Reganosa

Roberto Centeno 21/03/2011 06:00h

A traxedia do grupo de centrais de Fukushima, catástrofe producida polo tsunami, que non polo terremoto, está sendo utilizado demagógicamente por moitos para atacar a enerxía nuclear, o que para España sería unha auténtica ruína. Se baseásemos o noso futuro nas renovables, o recibo da luz de 100 euros mes subiría a 400; e se o baseásemos no gas, o recibo subiría a 200/250 euros función do prezo deste, pero cun risco, como veremos, incomparablemente maior. En sentido contrario, se a produción eléctrica futura baseásese en nuclear e carbón importado, o recibo da luz baixaría a 50 euros mes, que é a situación hoxe de varios países europeos, algo que nos está quitando a pouca industria que aínda nos queda.

Só por isto, falar de pechar as centrais e/ou renunciar á nuclear é pura irresponsabilidade e demagoxia. Ademais, en España, o risco de Apocalipse non está nas centrais nucleares senón nos metaneros e nas terminais de gas líquido. [Ler máis]

As regasificadoras canarias: dúas bombas de reloxería sobre o Arquipélago

Os accidentes con plantas de gas foron máis numerosos e tan mortais como os das centrais nucleares


Cristóbal García Vera Canarias-semanal Hoy a las 18:36

Mentres escribimos estas liñas, o mundo enteiro continúa en albas pola catástrofe nuclear de Xapón. Unha catástrofe que volveu a pór en evidencia, do xeito máis dramático, a nula credibilidade dos defensores da industria nuclear que insisten en "vendela" como unha fonte de enerxía "limpa e segura". As centrais nucleares non soamente liberan radiación en forma de gases e líquidos ao medioambiente durante o seu funcionamento ata en ausencia de incidentes. Ademais, resulta imposible garantir que non sufrirán accidentes como o xaponés -causados por un tsunami, un terremoto ou outras causas naturais ou humanas- con consecuencias devastadoras para a poboación que se poden prolongar durante décadas ou ata centos de anos. As radiacións liberadas na central nuclear de Fukushima continuarán provocando vítimas moito tempo despois de que a prensa mundial deixe de recordar o sucedido ou comece a fornecer noticias sobre a suposta recuperación da "normalidade" no país asiático.

A pesar da enorme gravidade deste suceso, todos os precedentes permiten augurar que a maioría dos gobernos dos países que optaron por seguir impulsando a industria nuclear continuarán adiante cos seus plans, axiña que como pase a alarma coa axuda da desinformación oficial sobre o verdadeiro alcance do sinistro. En España, o executivo de José Luís Rodríguez Zapatero -que chegou á Moncloa prometendo pechar as centrais nucleares e terminou por decretar que estas continúen operando máis aló do tempo para o que foron concibidas- xa manifestou que "non se pode debater en quente sobre este tema". Un xeito diplomático de deixar claro que a súa orientación pronuclear non será modificada por ningún accidente. Aínda que non se pode minimizar a influencia que neste tipo de decisións ten un poderoso lobby cuxos tentáculos alcanzan aos gobernos europeos e de EE.UU. "tamén ao español " a causa última deste aparente despropósito é estrutural. O crecemento indefinido que a economía capitalista necesita para non colapsar esixe un achegue de enerxía tamén crecente que resulta imposible soster a longo prazo. Esta pretensión desarrollista é sinxelamente inviable, ata coa suma de achéguelos de todas as fontes non renovables e renovables existentes. Admitir devandita realidade, con todo, non é unha opción que poida considerarse sen cuestionar o propio sistema, o que situou á humanidade ante unha encrucillada na que o factor tempo xa é decisivo.

Posiblemente a nuclear é a peor das "saídas" achadas polo sistema capitalista para enfrontar a contradición irresoluble entre a súa dinámica esencial de expansión continúa -e depredadora- e a finitud dos recursos do planeta. Non é, con todo, o único tipo de industria que trata de imporse a pesar dos graves riscos que comporta e de que realmente estean lonxe de solucionar o problema enerxético. En Canarias, os executivos central e autonómico están firmemente decididos a introducir o Gas Natural Licuado para, supostamente, "diminuír a vulnerabilidade e dependencia enerxética do Arquipélago". Na súa recente visita ás Illas, o tamén pronuclear ministro de Industria Miguel Sebastián manifestaba publicamente que "a introdución do gas en Canarias é unha dos seus principais apostas". Sebastián coincidía co presidente rexional Paulino Rivero en que "o gas é un elemento estratéxico" e na "necesidade de que chegase xa a Gran Canaria".

Esta última mención non era gratuíta. Actualmente está prevista a construción de dúas plantas regasificadoras nos municipios de Granadilla, en Tenerife, e Arinaga, en Gran Canaria. A primeira delas conta coa oposición dos ecoloxistas e os movementos sociais da illa picuda. En Gran Canaria, con todo, ao rexeitamento dos ecoloxistas súmase tamén o da Mancomunidade do Sureste. Neste caso dáse o paradoxo de que a oposición institucional atópase encabezada polo alcalde de Agüimes Antonio Morales. O mesmo que fai algúns anos impuxo a construción do porto de Arinaga que hoxe se pretende que albergue a instalación gasística. Aínda que o primeiro edil cuestiona teoricamente a necesidade de introducir esta fonte de enerxía -con datos e argumentos contundentes- a súa negativa fundamental diríxese á intención dos gobernos español e canario de situar en terra plántaa regasificadora, polo indubidable risco que iso leva. E é que, en efecto, estamos falando de instalacións especialmente perigosas que sufriron accidentes con vítimas mortais en todo o mundo. En 1984, o sinistro dunha planta de gas licuado en San Juan de Ixhuatepec (México) provocou 5.000 mortos, 4.200 feridos e máis de mil desaparecidos. Arderon 6.500 toneladas e as llamaradas alcanzaron 300 metros de altura. A radiación térmica foi tal que só foron recoñecidos o 2% dos cadáveres e unhas 20 hectáreas de superficie foron afectadas pola explosión e a radiación. En 2004 outro accidente nunha planta de Alxeria custou 27 mortos e 80 feridos. A lista inclúe plantas accidentadas en Staten Island (New York), Maryland, etc. Estes e outros antecedentes, con todo, non bastaron para que o Goberno "da xente" e o Executivo socialdemócrata de Rodríguez Zapatero expóñanse sequera a opción suxerida polo propio Morales como "mal menor". A construción de plantas "off shore" -mar dentro- afastadas das zonas poboadas e con menor impacto visual. A planta que actualmente está proxectada en Gran Canaria esixiría levantar, entre outras estruturas, dous depósitos para o gas da altura dun edificio de vinte plantas. Non é difícil imaxinar o desastre que provocaría un incendio accidental desas enormes bombas inflamables.

O "mal menor", sexa como for, resulta tan inadmisible como esta opción temeraria. Como ben apuntan os ecoloxistas de Ben Magec, a aposta polo gas implica profundar nun modelo enerxético baseado no consumo de combustibles fósiles que ten unha cada vez máis próxima data de caducidade. Non diminúe, senón todo o contrario, a dependencia enerxética do Arquipélago e non sería rendible para as illas nin sequera aplicando o máis estreita análise economicista. Para comprender por que, a pesar de todo, empéñanse en introducir o gas os gobernos autonómico e español resulta imprescindible recordar que tamén haberá quen obteñan pingües beneficios co novo negocio. No ano 2005, o Goberno canario privatizaba, a dedo, a Compañía Transportista de Gas de Canarias SA (GASCAN). Para a repartición do pastel creouse ad hoc a entidade Rexional Canaria de Enerxía S.L, integrada por un "selecto" grupo de empresarios das dúas provincias que se fixeron co 40% de GASCAN polo máis que módico prezo de 1,6 millóns de euros. Estes empresarios constituíron sendas Sociedades Anónimas para canalizar o seu produtivo investimento. Unha nas Palmas, denominada Agrupación Enerxética de Canarias, S.A. e formada por Lopesan, Satocan, Astican, Pérez Moreno, Laymos e Pedro Agustín del Castillo. A outra en Tenerife, baixo a denominación de Investimentos Enerxéticos de Tenerife, S.A. Como accionistas desta última figuran as empresas de Pedro Suárez, Antonio Plasencia, José Fernando Rodríguez de Azero e Pedro Luís Cobiella. No negocio do gas participarán tamén cunha presenza destacada a multinacional española ENDESA -accionista de GASCAN- e Enegás "participada polo Estado español", que xa anunciaron un investimento de 200 millóns de euros para a regasificadora de Granadilla.

Nesta ecuación, folga dicilo, para os executivos rexional e español son variables despreciables tanto a imperioso necesidade do Arquipélago de avanzar cara á soberanía enerxética antes de que o cénit dos combustibles fósiles condúzanos a unha crise sen precedentes, como a propia seguridade dos canarios. Os responsables dunha posible catástrofe futura atópanse, xa que logo, suficientemente identificados.

3/20/2011

O Galicia de Mugardos asina un xusto empate co Betanzos


Betanzos 2-2 Galicia de Mugardos

O Galicia de Mugardos logrou un xusto empate ante o Betanzos na García Hermanos. O partido estivo aberto ao longo de todo o tempo regulamentario e o Mugardos xogou con 10 dende o minuto 76 pola expulsión do fenés Rubén Seco tras ver o segundo cartón amarelo. O xogador Suso Peña fixo un gran partido ante o líder e amosou a súa calidade e o seu excelente nível de xogo. O primeiro gol chegou no minuto 33 de partido e foi obra de Iván para o Betanzos tras un saque de esquina que remata dentro da porta de Agustín. Con esta vitoria pola mínima chegouse ao descanso. Na segunda metade o xogador mugardés Maikel logrou empatar o partido grazas a un balón que o porteiro visitante logrou desviar con man pero que se cola na porta do Betanzos. O Mugardos adiantouse no marcador no minuto 68 de partido cunha xogada persoal entre Maikel e Rebolo que o xogador logra marcar, en tiro cruzado. O empate do Betanzos chegou no minuto 75 e foi obra de Poncela tras un saque de esquina. Ao final reparto dun punto para cada equipo no García Hermanos de Betanzos.

Polo Betanzos xogou; Guillermo, Muñiz, Corredoira, Justo, Poncela, Muiña, Diego, Bouza, Iván, Xoel e Marcos. Para cambios no min 59 Colón por Xoel, no min 77 Andrés por Diego e no min 87 Chiqui por Muiña.

Polo Galicia de Mugardos xogaron; Agustín, Rubén, Jorge, Adrián Martínez, Diego Seco, Manel, Rubén Seco, Juan Jesús, Maikel, Suso Peña e Vituco. Para cambios Juan Jesús e Vituco por Rebolo e Rouco no descanso e no min 83 Oscar Pérez por Manel e no min 90 Grueiro por Maikel.

Arbitro; Fernández Loureiro do colexio de Santiago de Compostela auxiliado por Castro Castro e por Tireux Eleste. Virón cartón amarelo Muñiz e Xoel polo Betanzos e Diego Seco e Rubén Seco polo Mugardos. Rubén Seco veu 2 cartóns amarelos e foi expulsado.

voltaaria.com

3/13/2011

Ao Galicia de Mugardos fáltalle definición e algo máis de sorte


O Galicia de Mugardos continúa facendo bos partidos pero perdendo coma sempre e nisto do fútbol goles son amores. O Dorneda visitou esta tarde o campo de A Pedreira e a vila mariñeira e levouse os tres puntos da vítoria. Todo hai que decilo sen moito merito pero con moito esforzo. O Galicia mereceu máis xa que tivo tiros a todos os paos da porta visitante. O primeiro aviso deuno o fenés Rubén Seco no primeiro minuto de encontro cun balón que rexeita o traveseiro e que dá posteriormente no pao dereito. O esférico finalmente non entrou. Canosa tivo tamén a súa ocasión clara asi como varios xogadores do Mugardos pero a pelota non entrou. Pola súa banda o Dorneda non se achegou moito a porta de Agustín pero no minuto 12 de partido o xogador visitante Miguel Angel realiza un contragolpe e pásalle o esférico a Alberto que se vai de Sanmartín e de Adrián Martínez achegándose á porta mugardesa. O gardarredes Agustín non poido facer nada.
Na segunda metade o Dorneda xogou a defender o resultado e pechouse atrás. O Mugardos intentouno pero xa era máis difícil xenerar ocasións claras de gol e finalmente o equipo visitante gañou pola mínima o partido.

3/10/2011

O Dez de Marzo do Setenta e Dous



O Ferrol do setenta e dous acollía unhas importantes asembleas clandestinas, os vocais xurados que representaban os intereses dos traballadores do naval foron suspendidos de emprego e soldo. Decatáronse nas primeiras horas da mañá do día nove de marzo de mil novecentos setenta e dous. A noticia correu como a pólvora pola contorna do estaleiro, e en solidariedade cos seus compañeiros concentráronse nas bancadas centos de traballadores. De alí foron á chaira onde se atopaban as oficinas da dirección da empresa e escoitaron as palabras do director, que non logrou convencelos. Nese lugar permaneceron sen retornar ao seu posto de traballo ata ben entrada a tarde. O requirimento das autoridades para que abandonasen a empresa non foi suficiente para disolvelos. Eran, as tres e media da tarde, e as forzas de seguridade do Estado tomaron a empresa. Había varias grileiras dentro do estaleiro e sobre as cinco e cuarto da tarde, baixáronse numerosos policías cargados coas súas porras e demais utensilios de forza, e non dubidaron en cargar contra os indefensos traballadores.

Á saída do estaleiro esperáballes outro bo número de efectivos policiais que os acurralaron, repartiron paus de xeito abondo a torto e a dereito. Varias pelotas de goma romperon cristais dalgunhas casas particulares do barrio de Esteiro. Os botes de fume e os porrazos estaban na orde do día, moitos obreiros xacían no chan doridos polas malleiras. Os traballadores corrían por todas as esquinas posibles para escapar do asedio dos temibles corpos de seguridade represores daqueles tempos de ditadura vinda a menos. Estaban acurralados. Foron numerosos os feridos, por medo a curar as súas feridas nos hospitais e evitar represalias das autoridades, acudían ás agachadas as súas casas particulares, cuxos propietarios atendíanos de xeito clandestino.

O meu avó estaba cansado de tanto correr; escondeuse entre as árbores do cantón, o barullo e o alboroto, creaba neses momentos a imaxe do caos en Ferrol. Tiña medo, eran numerosos os policías que corrían detrás dos traballadores ensaiándose con eles a golpes coas súas porras. Recibira un pelotazo de goma nunha perna, non podía camiñar sen ter que soportar unha enorme dor. Quería refuxiarse en casa da miña nai, que por aqueles tempos vivía na Travesía de San Luís, xusto enfronte do Campo de Batallóns. Como puido, foi evitando aos policías, que ao velo tendido o aporreaban ao seu paso sen miramento algún. Logrou a duras penas chegar a casa da miña nai, malferido, atemorizado polo que acababa de vivir.
Era o dez de marzo de mil novecentos setenta e dous no antigamente chamado Ferrol do Caudillo. Ao día seguinte, os traballadores dos estaleiros, demostrarían un espírito de unión obreira exemplar para que en moitas localidades de Galicia e España alzásense a reivindicar os seus intereses. Decidiron agruparse enfronte as portas do estaleiro a primeiras horas da mañá. Para reivindicar a represión sufrida o día anterior. Decidiron facer paro xeral ese desgraciado día dez de marzo. Como o goberno non estaba disposto a tolerar ese tipo de situacións no país, enviaron a Ferrol maior presenza policial.

Os obreiros só desexaban manifestar un trato digno, o dereito a ser escoitados en negociacións futuras, a non ser reprimidos pola forza bruta que demostraba a policía por aqueles tempos. Estábaselles privando dos seus dereitos. Pero cando comezaron o seu percorrido polas rúas, as forzas de seguridade do estado ditatorial xa os estaban esperando. Eran unhas catro mil persoas, unidas para reivindicar os seus dereitos, pero non os escoitaron. A policía recibiu a orde de cargar contra a multitude, cando esta iniciaba o seu percorrido polas Pías en dirección a Caranza. Os obreiros no canto de acovardarse e fuxir como o día anterior, enfrontáronse con valentía ás forzas de seguridade, cargados con paus e pedras, decididos dunha vez por todas a loitar unidos. Pero a policía disparou de xeito indiscriminado, cos seus zetas metralladoras e as súas pistolas, logrando alcanzar a numerosos feridos. Aos desgraciados dez minutos xa había un morto. E outro máis pouco despois. Os seus propios compañeiros trasladáronos ao hospital, mentres outros, xa toleados pola noticia que correu como un raio da morte dun compañeiro, lograron acovardar aos sorprendidos policías que nada puideron facer para reducilos que escapar do lugar.

Creáronse piquetes informativos para que os veciños de Ferrol e a súa comarca soubesen o que acababa de acontecer. Ese día houbo centos de aporreados, máis dunha ducia de feridos de bala, entre eles dous mortos. A todo xuízo racional quédalle manifesta a desproporcionada actuación das forzas de seguridade do réxime de Franco. Ese día Ferrol era unha cidade asustada. As persoas encerrábanse nas súas casas, medorentas de futuras detencións que finalmente se produciron.

O meu avó materno, maltreito das feridas do día anterior, non puido acudir á manifestación dese desgraciado dez de marzo. quedo en casa, pendente da radio e o televisor. Salvando se cadra a súa vida. Se non chega a estar maltreito, a recado que estaría aí ao pé do canón. Iso si, acudiu ao enterro dos compañeiros falecidos, onde segundo contaba había centos de policías custodiando o mesmo. Coma se iso fose unha nova manifestación que o réxime franquista entendía como perigosa. Eran os últimos avatares da ditadura. Pero foron momentos duros, cheos de dor, dunha unión obreira exemplar para calquera lugar do mundo. Os falecidos convertéronse nunha especie de mártires da súa Loita. Hoxe en día, no barrio de Recimil (Ferrol), pódese observar o Monumento ao Obreiro. Cada dez de marzo, celébrase un acto de ofrenda en recordo daqueles feitos, dos falecidos Daniel Néboa e Amador Rei. Cada ano realízase unha sincera homenaxe a ese espírito de unión obreira exemplar no ano setenta e dous.

O pai da miña nai contaxioume ese espírito de loita que debemos de ter todos para reivindicar os nosos dereitos dun xeito civilizado, que nunca deberemos de acovardarnos a esixir os nosos dereitos e liberdades. O meu avó Xurxo relatoume no seu día estes feitos, sendo para min unha declaración moi importante sobre o sucedido ese día de marzo, xusto un ano antes de que eu nacese. Crecín coa loita obreira na sociedade, sentín esa loita obreira que operaba na rúa, crecín con ese espertar cara a unha democracia, e con reconversións navais.

Briga de Gallecia


3/07/2011

O Galicia de Mugardos sumou un punto ante o Dubra aínda que mereceu máis

O Galicia de Mugardos empatou a cero goles no campo do Dubra. Este resultado non é malo en teoría e a priorí pero despois de presenciar o partido o resultado sabe a pouco. O Mugardos mereceu algo máis pero goles son amores e ao final se reparten os puntos. O Galicia volveu de novo a protagonizar expulsións. Corría o minuto 44 de partido e o colexiado expulsou a Juan Jesús. O Mugardos afrontou toda a segunda parte con 10 xogadores. Tivo sorte o conxunto de Germán Amil xa que no minuto 72 o arbitro tamén expulsou a un xogador do Dubra, concretamente ao dianteiro Anxo. As ocasións máis claras do encontro chegaron nos últimos minutos de partido.

No minuto 88 Vituco tivo a ocasión de desequilibrar o marcador a favor do conxunto de A Pedreira e no minuto 90 o xogador Josiño tamén tivo outra posibilidade de que o seu equipo rematara cos 3 puntos no peto. Ao final non poido ser e o empate foi o dominador. O Galicia suma 29 puntos de 29 partidos xogados, estadísticamente a un punto por partido que tampouco non está nada mal.

voltaaria.com

3/03/2011

Perigo!! gaseiro 86 cargado con GNL para Reganosa

"IBERICA KNUTSEN" en Reganosa 04/01/2011

Mañá, venres 4 de Marzo está prevista a entrada dun novo gaseiro na Ría de Ferrol, trátase do buque gaseiro "Iberica Knutsen" que coa súa perigosa carga de Gas Natural Licuado (LNG), para a ilegal Reganosa, faría o nº 86 que entra na Ría desde Maio de 2007, poñendo en alto risco de inseguridade a miles de persoas.

Unha vez máis esta irresponsabilidade non pode quedar sen resposta, é por iso, polo que o Comité Cidadán de Emerxencia decide convocar a CONCENTRACIÓN de protesta, mañá 4 de Marzo de 2011, ás 7 da tarde, na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, en Ferrol.

Antes de que suceda unha catástrofre

Ártabra 21

ferrolsuso.blogspot.com