2/27/2011

O Mugardos empata na Pedreira nun partido onde mereceu máis



O Galicia de Mugardos empatou a un tanto no campo de A Pedreira nun partido onde o conxunto de Germán Amil mereceu algo máis. Comezou marcando o conxunto do Boiro grazas ao gol de Anxo. O xogador visitante rachou a porta local cun golazo dende o pico do área. O balón pegou no longueiro e finalmente entrou na porta do Mugardos. O equipo de Amil intentouno e tivo varias ocasións para empatar o partido pero as táboas chegaron no minuto 89 e foi obra o tanto de Diego Seco tras o saque dun córner de Juan Jesús. Un punto para cada equipo e empate ante un dos equipos máis fortes da categoría, o Boiro.

O Galicia de Mugardos mereceu máis pero finalmente só poido sumar un punto e ademáis o equipo de Germán Amil perde a Manel e Suso Peña para o vindeiro encontro ante o Dubra xa que Manel e Suso Peña foron expulsados xa en tempo de prolongación.

voltaria.com

2/24/2011

Extrañas manobras en Reganosa

LNG "SCF Polar"


NOTA DE PRENSA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA

Estrañas manobras co gas na planta de regasificación de Reganosa

REGANOSA exporta gas a Italia contradicindo o plan de aforro enerxético do goberno.

En plena crise do Magreb, cos prezos dos combustibles subindo ata as cotas máis altas dos últimos tempos; cun alto risco de desabastecemento que leva ao goberno a aprobar un plan de aforro enerxético , prodúcense na planta de Reganosa unhas sospeitosas manobras co gas natural. Reganosa baleira os seus tanques por baixo do mínimo técnico de seguridade, quedando con 38.000m3 cando o mínimo técnico son 50000m3.

O pasado día 14 de febreiro chega á planta de Reganosa o buque Cheikh el Mokrani procedente de Alxeria. Na planta de regasificación se procedeu a descarga do gas. O buque abandona a planta de Mugardos o día 18. Este día entra en REGANOSA o buque gaseiro SCF Polar, un barco con mais de 42 anos de antigüidade, que levaba 7 días merodeando as costas galegas esperando a poder cargar 68.000 m3 deste mesmo gas con destino a Xénova, cantidade que equivale a 2.720.000 bombonas de uso caseiro.

¿Por qué o gas alxerino fai a ruta Orán- Ferrol- Xénova que supón 4540 millas náuticas, cando a distancia de Oran a Xénova só é de 715 millas? Que escuros negocios se esconden detrás destas manobras?

Existen razóns para sospeitar. Lembramos que nas instalacións anexas de Forestal, propiedade exclusiva do grupo Tojeiro, xa a finais dos anos 90, descubriuse un xigantesco fraude co gasóleo, que por certo aínda debe estar sendo investigado polo xulgado.

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol quere chamar a atención dos poderes públicos e da cidadanía, non só sobre os movementos económicos do grupo promotor de Reganosa, que como temos denunciado diante da Xustiza, ten unha longa historia de práctica empresarial corrupta, senón tamén afirmar unha vez máis, que cada unha destas manobras, está a pór en perigo a vida de máis de 100.000 persoas nesta comarca.

Ferrol a 23 de Febreiro de 2011–

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

2/21/2011

Fracasou a entrada do LNG “Port Harcourt”

LNG "Port Harcourt" na ría de Ferrol

O LNG “Port Harcourt” que tiña prevista hoxe a súa arribada a Reganosa na pleamar das 18,30, tivo que renunciar á súa entrada polas malas condicións de vento e mar.

Permaneceu navegando en redondo, diante das nosas costas, entre as 7 e as 15 horas e agora está situado a unhas 50 millas ao norte de Cabo Ortegal.

Fai este buque o número 24 dos que non lograron atravesar a canle da ría no momento previsto, respecto dos 85 que con destino a Reganosa chegan cargados de GNL. Isto supón que 1 de cada 3,5 buques atrasa un ou mais dias a súa entrada, co consecuente incremento do recibo enerxetico que todos pagamos.

O CCE concentrouse hoxe ás 19 horas na Praza Amada Garcia, para reclamar unha vez mais o peche desta planta perigosa, innecesaria e antieconomica e a apertura do gasoduto Tui . Llanera, pechado en beneficio dos promotores de Reganosa.

O Galicia de Mugardos pagou caro os seus erros defensivos



O Galicia de Mugardos non puido conseguir nada da súa visita a Noia e acabou caendo pola mínima ante o cadro local (3-2). Un Galicia que sen dúbida pagou moi caro os seus erros defensivos. O Noia levaba once semanas sen gañar. O partido en si estivo bastante disputado durante os primeiros corenta e cinco minutos. O Noia iso si, fixo un partido moi serio, aínda que o Galicia non baixou os brazos en ningún momento. Gran parte do triunfo local tivo a súa influencia no primeiro gol, pois iso achandou moito o camiño aos locais aproveitándose dun bajón temporal no xogo do cadro visitante. O tanto foi obra de Beni e converteuno pasada a media hora de xogo. Co gol o Galicia non reaccionou demasiado nun primeiro momento, pero aos poucos sobrepúxose.

O Noia non tivo moitas ocasións neste partido, pero as que se lle presentaron, non as desaproveitou, e aí é onde estivo a clave do partido. Na continuación os locais incrementaron a súa vantaxe no marcador ao primeiro de vez. Esta vez Buceta non perdoou e bateu se piedade a Agustín. Ao contrario que no primeiro tempo, ese gol espoleó aos visitantes que foron crecendo co paso dos minutos e aos poucos comezaron a dominar o partido. Dez minutos despois Suso Pena foi obxecto de penalti e, Juan Jesús non perdoou e marcou desde o punto de penalti acurtando distancias no marcador. Con todo, nada máis sacar de centro, o Noia volvería pór terra polo medio e as cousas moi costa arriba para o Galicia, pois noutro erro defensivo, o Noia anotaría o terceiro. Esta vez foi Espi o autor do gol. A pesar do costa arriba que estaba a situación para os mugardeses, non arroxaron ao toalla e seguiron tirando do carro. A catro minutos para o final chegaría o (3-2) por mediación de Rubén Seco, con todo, os minutos correron demasiado para os visitantes e o Noia levou un triunfo que necesitaba como auga de maio e que se lle resistía desde fai varias semanas. O Galicia de Mugardos terá que seguir sufrindo nas próximas semanas, pois non se pode despistar demasiado, pois o descenso non o ten moi lonxe.

Noia: Juancho; Carklos, Mario, Santi, Luís, Josiño, Beni (Maikel, min. 75), Isi (Brais, min. 59), Buceta (Michelo, min. 54), Espi e Eiros (Edgar, min. 70)

Galicia Mugardos: Agustín; Rubén (Rebolo, min. 75), Jorge, Adrián Martínez (Sanmartín, min. 69), Manel, Diego Seco, Rubén Seco, Suso Pena, Canosa, Juan Jesús e Vituco (Oscar Pérez, min. 58).

Árbitro: Fernández Vázquez (Lugo). Mostrou cartón amarelo aos locais Carlos e Josiño. Polos visitantes viuna Adrián Martínez.Goles: 1-0 min. 31 Beni; 2-0 min. 48 Buceta; 2-1 min. 58 Juan Jesús (penalti); 3-1 min. 59 Espi; 3-2 min. 86 Rubén Seco.

Incidencias.- San Lázaro. 250 espectadores.

voltaaria.com

2/20/2011

Perigo!! gaseiro 85 cargado con GNL para Reganosa

Agárdase para o lúns día 21 de febreiro a entrada na ría, para suministro da planta de Reganosa, do LNG "Port Harcourt" un vello gaseiro de 35 anos de antiguedade cargado con GNL, que fará o número 85 dos arribados.

É por isto polo que o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha CONCENTRACIÓN de protesta este lúns 21 de febreiro, ás 7 da tarde, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, na Praza Amada García, en Ferrol, para amosar a súa desconformidade coa entrada na Ría de buques cun cargamento tan perigoso como é o GNL, e para denunciar a corrupción e o despropósito gasístico que representa Reganosa, esixindo o seu desmantelamento XA!

Antes de que suceda unha catástrofre

Comité Cidadán de Emerxencia

2/15/2011

O gaseiro “SCF Polar” tampouco pode entrar na ría


Aparte do mal tempo na costa, que imposibilitaba a entrada na ría do gaseiro “SCF Polar”, o verdadeiro motivo polo que non entrou, é que o gaseiro “Cheikh el Mokrani” (nº84), que tiña que descargar o venres, non poido facer a sua entrada ata onte, día que tiña a entrada o “SCF Polar”(nº85).

E mañá terá que esperar a que mellore o tempo, e que o “Cheikh el Mokrani” abandoe o peirao de Reganosa.

Estes intentos errados e os consecuentes días de espera en mar aberto, (sucede a 1 de cada 4 gaseiros), poñen en evidencia a reubicacion interesada –estaba prevista instalar no Porto Exterior- da Planta de Reganosa por parte dos seus promotores e supoñen un importante custo engadido ao gasto de transporte do GNL, que estamos a pagar toda a cidadanía nas tarifas de gas e electricidade.

Urxe parar esta planta perigosa, ilegal e innecesaria, e volver á subministración a través dos gasodutos existentes que agora manteñen pechados en beneficio dos socios de Reganosa.

¡¡POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
¡¡CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!

¡¡PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!


85 Protesta Lexítima

Comité Cidadán de Emerxencia

CONCENTRACION entrada gaseiro nº 85


Dende o domingo leva merodeando as costas de A coruña este vello gaseiro de 42 anos de antiguedade, cargado con GNL e denominado “SCF Polar” .

Na prevision da súa entrada hoxe martes dia 15 na Ría, o que sería o nº 85.

(Ainda que Reganosa puntualice que se trata dun gaseiro sen carga, que accederá para recibir a descarga suficiente para garantir a seguridade na súa navegación)

O Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha CONCENTRACIÓN hoxe martes, 15 de febreiro 2011, ás 19 hs, diante Edificio Xunta de Galicia, (Praza Amada García – Ferrol).

Comité Cidadán de Emerxencia



“ALERTA NA COSTA”


Nota de prensa do comité Cidadán de Emerxencia (14/02/2011)

En plena alerta por marexada, dous barcos cheos de gas merodean a costa da Coruña tentando descargar en Reganosa .
O buque gaseiro “Cheikh el Mokrani” que fai o nº 84 -dende a entrada de funcionamento da Planta de Reganosa- leva tentando achegarse a planta dende o pasado venres. Onte fallou o 3º intento de entrada na Ría por mor das condicions metereolóxicas e a singularidade da Ría de Ferrol .
O gaseiro “SCF Polar” que tiña previsto descargar hoxe, atopase nas mesmas circunstancias. Os dous barcos navegan en redondo a escasa millas da costa da Coruña.
No dia de hoxe, o gaseiro “Cheikh el Mokrani” fixo a síua entrada na Ría de Ferrol incumprindo a normativa de navegabilidade da Capitanía Marítima (adxuntanse documentos das derrotas dos remolcadores, práctico, normas de navegabilidade e incidencias da operación).
E xa son 21, as veces que un gaseiro cargado con GNL para Reganosa, ten que abortar a súa entrada na Ría por mor das malas condicións meteorolóxicas.
Estes intentos errados e os consecuentes días de espera en mar aberto, (sucede a 1 de cada 4 gaseiros), poñen en evidencia a reubicacion interesada –estaba prevista instalar no Porto Exterior- da Planta de Reganosa por parte dos seus promotores e supoñen un importante custo engadido ao gasto de transporte do GNL, que estamos a pagar toda a cidadanía nas tarifas de gas e electricidade.
Urxe parar esta planta perigosa, ilegal e innecesaria, e volver á subministración a través dos gasodutos existentes que agora manteñen pechados en beneficio dos socios de Reganosa.
• POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
• CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!

Adxuntamos a continuación;

•Cadro de incidencias da entrada do gaseiro Chiekh el Mocrani
•Normas marítimas de navegación para os gaseiros,dentro da ría de Ferrol.
(Datos da Secretaria Xeral de transportes/Dirección Xeral da Mariña Mercante/Capitania Marítima de Ferrol)



Antes de que suceda unha catástrofre

2/14/2011

O Galicia de Mugardos quedou sen recompensa nun dos seus mellores enfrontamentos

Un dos mellores encontros disputados polo Galicia de Mugardos na presente campaña quedou sen recompensa ante a excesiva fortuna coa que contou o Campus Stellae. A pesar de ser o encargado de inaugurar o marcador, o equipo local non conseguiu materializar as súas múltiples ocasións, que poderían haberse traducido nunha avultada goleada. Con todo, un penalti sinalado polo colexiado no último minuto da contenda deu os puntos a unha formación compostelá que se mostrou inferior aos locais. Tras este tropezón, o Mugardos continúa décimo quinto.

Galicia de Mugardos: Óscar, Rubén, Jorge, Adrián Martínez, Sanmartín, Manuel, Rubén Seco (Óscar Pérez, min. 62), Diego Seco, Maikel, Suso Pena (Grueiro,min. 60) e Vituco (Juan Jesús, min. 90).

Campus Stellae: Christian, Vela, Paco, Faneca, Mougá (Pinaque, min. 86), Marcos, Piñeiro, Toni (Sacha, min. 58), Diego, Arnejo, Tomás (Manu, min. 58) e Rego.

Árbitro: Rafael de la Torre. Amoestou con cartón amarelo aos locais Manel, Maikel, Adrián, Suso Pena, Óscar e Diego Seco, así como aos visitantes Marcos, Mougá e Paco.

Goles: 1-0 min. 15: Adrián Martínez; 1-1 min. 56: Mougá; 1-2 min. 90: Arnejo, de penalti.

Campo: A Pedreira, ante uns 500 espectadores.

Diario de Ferrol

Voltaaria.com

2/12/2011

O gaseiro de onte non entrou. E van 19


O gaseiro “Cheikh el Mokrani” que fará o número 84 dos que, ilegal e perigosamente, chegan á nosa Ría transportando GNL para Reganosa, e que tiña prevista onte a súa entrada, tivo que desistir debido á forza do vento e permanece navegando polas inmediacións das nosas costas, á espera de poder arribar na marea de mañá.

Con esta, van xa 19 ocasións nas que as condicións meteorolóxicas impiden a entrada dos gaseiros a unha planta mal situada, no interior dunha ría angosta e perigosa para este tipo de buques.

O 22,62% deles (case un de cada catro) vense obrigados a atrasar un ou máis días a súa entrada.

En circunstancias como as de hoxe, se podería atracar no Porto Exterior, onde estaba prevista en principio a Planta de Gas, e cuxa localización se cambiou a Punta Promontoiro, exclusivamente para favorecer os intereses especulativos do Grupo Tojeiro.

Esta decisión de pasar dun chan público e seguro a un chan privado e perigoso, ademas de supor unha ameaza para a cidadanía e para a sustentabilidade da Ría e os seus traballadores, encarece notablemente o custo do gas que ao final pagamos todos nos recibos de gas e electricidade.

E todo isto, para manter aberta unha planta totalmente innecesaria, para a que unha vez máis, demandamos das Autoridades o cesamento de actividade e a posta en servizo novamente dos gasodutos que desde o inicio de Reganosa manteñen pechados e que serían unha solución moito máis segura e barata.

Na tarde de onte, membros do Comité Cidadán de Emerxencia concentráronse, como sucede sempre que se agarda entrada de gaseiro, diante do Edificio da Xunta de Galicia, para demandar:

Comité Cidadán de Emerxencia

ferrolsuso.blogspot.com

Por segundo día consecutivo o “Cheikh el Mokrani” tivo que desistir da súa entrada á Ría debido á intensa néboa á hora da única pleamar diúrna. Posiblemente mañá tampouco poida aproximarse dado que se esperan malas condicións meteorolóxicas na bocana da ría.

2/07/2011

Tojeiro: un morto que cheira a marihuana…

Tirado de Reganosa Demolizón

Di o ilustre Diario de Ferrol: “La comarca de Ferrol despide al que sin duda fue su emprendedor más exitoso y más insigne.” Si, despois do “Generalísimo” e o señor “Tojo”, poucos ferroláns (e iso que Tojeiro naceu en As Pontes) chegaron a dignificar tanto o nome da nosa cidade.

E como lembranza no ar das súas gloriosas facendas, o propio Diario de Ferrol cóntanos que “El mal olor ambiental es debido a los mercaptanos que se añaden al gas“, un pequeno titular dun pequeno xornal dunha pequena cidade dun pequeno martes… ¿Mal olor ambiental? ¿Mercaptanos? ¿Gas?

Algo cheira raro na ría de Ferrol… [Ler máis]


Perigo!! gaseiro 83 cargado con GNL para Reganosa


Hoxe, lúns 7 de Febreiro está prevista a entrada dun novo gaseiro na Ría de Ferrol, trátase do buque gaseiro "Madrid Spirit" que coa súa perigosa carga de Gas Natural Licuado (LNG), para a ilegal Reganosa, faría o nº 83 que entra na Ría desde Maio de 2007, poñendo en alto risco de inseguridade a miles de persoas.

Unha vez máis esta irresponsabilidade non pode quedar sen resposta, é por iso, polo que o Comité Cidadán de Emerxencia decide convocar a CONCENTRACIÓN de protesta, hoxe lúns 7 de Febreiro de 2011, ás 7 da tarde, na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, en Ferrol.

Antes de que suceda unha catástrofre

Comité Ciddán de Emerxencia

ferrolsuso.blogspot.com

2/06/2011

O Val leva o derbi comarcal ante o Galicia de Mugardos


O Val 3-1 Galicia de Mugardos


O Val continuará unha semana máis nos primeiros postos da clasificación tras vencer no derbi da comarca de Ferrolterra, ao Galicia de Mugardos (3-1). Os pupilos de José Posse foron infinitamente mellores que o seu rival ao longo dos noventa minutos de xogo. Foron dominadores do balón e dominadores das mellores ocasións de gol. O único lunar ou dúbida do partido está no primeiro tanto dos locais no que puido haber fose de xogo. O Galicia de Mugardos terá que seguir traballando nos próximos encontros para non meterse en problemas.

Os primeiros minutos foron de tenteo e sen un dominador claro. Excesivo respecto no arranque do partido. O primeiro en avisar foi o O Val. Fíxoo cunha boa acción pola esquerda de Pablo Lorenzo, o seu lanzamento golpeou na defensa e o rexeite caeulle a Álvaro que a punto estivo de marcar, aínda que o seu lanzamento foise rozando a escuadra da portería de Óscar. O O Val co paso dos minutos, foi dominando o partido en canto a posesión. Con todo, as ocasións non acababan de chegar. O Galicia de Mugardos non era capaz de saír da súa metade de campo ante a presión dos valexos e apenas tiña chegada ao área local. O O Val no seu seguinte lanzamento a portería conseguiu o primeiro tanto do partido. Foi tras un gran envío ao área de Isaac cara a Álvaro, que tras matar o balón co peito engatilló a Óscar que non foi capaz de deter o disparo. A defensa visitante protestou timidamente a posición de posible fóra de xogo de Álvaro. O Galicia de Mugardos non reaccionou ao gol e atascouse nas súas saídas ofensivas. O O Val non se conformaba e buscaba con afán o segundo da tarde. Isaac intentouno desde fóra da área, pero o seu lanzamento non viu porta. Vituco intentouno pouco despois cun tímido lanzamento que non asustou demasiado ao porteiro local. Na continuación o domino do O Val acrecentouse e os locais fixéronse dominadores absolutos da situación. Pronto chegaría o segundo para o O Val, foi obra de Cata tras atoparse cun rexeite na área grande. Pouco antes Álvaro enviara un balón á madeira. O O Val non afrouxou e tivo a mercé a un Galicia de Mugardos ao que lle custou un mundo saír da súa metade de campo. É máis, non tirou nin unha soa vez con perigo entre os tres paus da meta defendida polo O Val. A sentenza púxoa Mozo a seis minutos do final tras unha xogada por banda de Pablo Lorenzo. O Galicia buscou nos últimos minutos o gol da honra e atopouno por medio de Vituco nunha xogada persoal pola dereita.

O Val: Anxo; Miguel, Cristian (Alex, min. 78), Cata, Sergio, Bruno, Álvaro, Isaac (Marcos Novo, min. 64), Enmanuel, Cholo (Chicho, min. 54) e Pablo Lorenzo.

Galicia de Mugardos: Oscar; Rubén (Canosa, min. 54), Jorge, Adrián, Manel, D. Seco, Juani (Puchi, min. 71), Juan Jesús (Rebolo, min. 79), M. Seco, Suso Pena e Vituco.

Árbitro: Cinza Seoane (Ferrol). Expulsou por dobre amarela ao visitante Canosa (min. 86). Mostrou cartón amarelo aos locais Cata, Bruno e Álvaro. Polos visitantes vírona Vituco, Jorge e Manel.

Goles: 1-0 min. 27 Álvaro; 2-0 min. 65 Cata; 3-0 min. 84 Chicho; 3-1 min. 89 Vituco

Voltaaria.com

2/05/2011

Lembrando a Carmelo Teixeiro

Este Sábado 5 de Febreiro de 2011, tivo lugar na ribeira de Caranza, unha emotiva homenaxe a Carmelo Teixeiro Menéndez, no mesmo parque que leva o seu nome. Tres carballos e unha pequena placa chantada no chan lembran a figura e obra de Carmelo, un home bon e loitador. Toda unha vida na procura do ben común, da xustiza, na loita por un mundo mellor. Carmelo Teixeiro dedicou, a última década da súa vida, grandes esforzos contra a aldraxe, a corrupción e o perigo que representa a planta de gas de Reganosa, colocada no corazón da nosa Ría, por irresponsábeis, cobizosos e corruptos. Carmelo Teixeiro é un dos principais impulsores do movimento social que se constituíu ao redor da loita contra a ilegal e perigosa planta regasificadora de Mugardos.

Un sinxelo e emotivo acto, tivo lugar esta mañá en Caranza, palabras de agradecemento, flores, música, lembranzas e poesía, ... Grazas Carmelo, ... ten por seguro que o verás cos nosos ollos.


[Máis info]

2/01/2011

Homenaxe a Carmelo Teixeiro



O vindeiro sábado 5 de frebreiro 2011 as 12 hs, celebrarase un acto en lembranza de CARMELO TEIXEIRO no parque que leva o seu nome, en Caranza. Organizado polo Comité Cidadán de Emerxencia no terceiro aniversario do seu pasamento, homenaxearemos cunha ofrenda floral, música e poesía, a quen foi querido compañeiro e primeiro Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia.

Comité Cidadán de Emerxencia


P.D. Falece Roberto Tojeiro, promotor da planta de gas de Reganosa en Mugardos e do grupo Forestal do Atlántico.