9/25/2011

O Ribadeo empata en tempo de prolongación na Pedreira

O conxunto lucense do Ribadeo sumou esta tarde un punto da súa visita a Mugardos
O empate chegou fóra do tempo regulamentario. O partido foi igualado e non se xeraron ocasións claras de gol ademais dos propios tantos. O primeiro gol do partido chegou no minuto 70 e foi obra de Rubén Seco. A xogada de ataque ten varios protagonistas aínda que na recta final Grueiro e o centro de Carballeira posibilitan que o xogador fenés Rubén Seco anote a pracer. Con 1 a 0 o Ribadeo intentou buscar as súas aproximacións á porteria de Agustín e estas chegaron cunha carambola. Prodúcese un tiro do xogador visitante Rafa desde fóra da área. Tiro que toca no ombreiro de Manel e despista ao porteiro Agustín, logrando desta forma o empate para o conxunto de Lugo. O reloxo marcaba xa o minuto 91 de partido. Ao final empate a un gol e repartición dun punto para cada equipo.

Xogaron polo Galicia de Mugardos Agustín na porta con Vicente, Juani, Rouco, Pablo Cainzos, Manel, Rubén Seco, Juan Jesús, Carballeira, Suso Pena e Vituco. Posteriormente tamén saíron Canosa, Grueiro, Fran e Colo.

Por parte do Ribadeo xogaron Tomás baixo paus con Alex, Isma, Germán, Vilela, Diego, Rafa, David, Chinco, Dumi e Elias. Tamén saíron Bruno e Cude.

Arbitrou o partido o colexiado Méndez Castro da Coruña auxiliado por Rama Rama e Lago Barros. O árbitro sinalou cartón amarelo a Rubén Seco do Mugardos e a Elias do Ribadeo.

voltaaria.com

9/24/2011

Perigo!! gaseiro 101 cargado con GNL para Reganosa


CONCENTRACIÓN
NA PRAZA DE AMBOAXE
LÚNS 26 DE SETEMBRO, ÁS 8 DA TARDE

O "Gemmata" , cargado con miles de toneladas de GNL/LNG para a ilegal e perigosa Reganosa, ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este lúns 26 de Setembro de 2011. Esta entrada dun buque cargado con gas natural licuado para Reganosa, supon xa a 101, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, consitente nunha CONCENTRACIÓN, o mesmo lúns, ás 8 da tarde, na Praza de Amboaxe de Ferrol.

Antes de que suceda unha catástrofre

9/14/2011

Perigo!! gaseiro 100 cargado con GNL para Reganosa


CONCENTRACIÓN
NO PORTO DE FERROL
NO PEIRAO DE CURUXEIRAS
NO LUGAR ONDE ESTABA A ANTIGA FÁBRICA DE XEO
XOVES 15 DE SETEMBRO, ÁS 8 DA TARDE

O "LNG Ogun" , cargado con miles de toneladas de GNL/LNG para a ilegal e perigosa Reganosa, ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este xoves 15 de Setembro de 2011. Esta entrada dun buque cargado con gas natural licuado para Reganosa, supon xa a 100, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.


Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, consitente nunha CONCENTRACIÓN, o mesmo xoves, ás 8 da Tarde, mais desta volta a Concentración terá lugar no Peirao de Ferrol (antiga fábrica de xeo).

Antes de que suceda unha catástrofre
 

A planta de Reganosa é unha bomba instalada no corazón da ría, que ameaza noite e día á poboación

Entrevista a Manuel Rodríguez Carballeira sobre a planta de gas de Reganosa
 

Manuel A. Rodríguez. Carballeira é Presidente de A. C. Fuco Buxán e Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol. A planta de gas de Reganosa, situada no interior da Ria en Punta -Promontoiro, Concello de Mugardos- entrou en funcionamento en 2007. A localización orixinal estaba prevista no Porto Exterior (Caneliñas), litoral exterior da Ría. [Ler a entrevista completa]

rebelion.org

9/11/2011

Perigo!! gaseiro 99 cargado con GNL para Reganosa


CONCENTRACIÓN NA PRAZA DO INFERNIÑO,
DIANTE DO PALCO DA MÚSICA NO LUGAR ONDE ESTABA A ANTIGA
MARTES 13 DE SETEMBRO, ÁS 8 DA TARDE

O "LNG Borno", cargado con miles de toneladas de GNL/LNG para a ilegal e perigosa Reganosa, ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Martes 13 de Setembro de 2011. Esta entrada, supon xa a 99, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

O gaseiro que faría o 100, "LNG Ogun", agarda-se para o vindeiro Xoves 15 de Setembro.


Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, consitente nunha CONCENTRACIÓN, o mesmo Martes, ás 8 da Tarde, mais desta volta a Concentración terá lugar na Praza do Inferniño, diante do Palco da Música. Nunha nova forma de acción, rotando as mobilizacións por diferentes lugares e barrios, dun xeito itinerante, co obxectivo de chegar coa protesta a un número maior de persoas. Ademais de difundir entre a poboación, en sintese, 10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?.

Antes de que suceda unha catástrofre

Comité Cidadán de Emerxencia

Ártabra 21

9/10/2011

O Narón saca tres puntos de Mugardos


Galicia de Mugardos e Naron Balompé resolveron esta tarde o primeiro derby comarcal na preferente Norte. O equipo de Cata foi o que quedou cos puntos, aínda que ambos pelexaron duro por rabuñar algunha bonificación.

Unha asollada tarde de sábado e dous equipos con potencialidades distintas pero amizades entrelazadas. Se a todo iso sumámoslle dous adestradores que coñecen á perfección como se moven os clubs aos que se enfrontan, só pode resultar un cóctel con sabor a derby. O Galicia de Mugardos e o Narón Balompé pelexaron e deixáronse até a última pinga de suor, aínda que ao final foron os azulones os agraciados co doce caramelo da vitoria.

Adiantouse rapidamente o Galicia de Mugardos por mediación de Uxío nos primeiros instantes do partido nunha xogada estraña. Isto só fixo incrementar as revolucións dun Narón Balompé ultramotivado que saíu a por todas. O primeiro tempo tivo a mesma dinámica: un equipo (o Narón) co balón e un Galicia de Mugardos ordenado que se mantivo en tensión e creaba algún perigo á contra. Pablo Lorenzo marcaba o empate. Pero non era a primeira chegada. Antes Marcos Suárez, Santi Silvar ou mesmo Diego Piñeiro e Dani Deza erraron senllas ocasións desde o córner e en xogada.

No segundo tempo as cousas igualáronse. O Mugardos era consciente de que lle podería crear perigo ao seu rival e creceuse. Marcos Suárez nunha xogada de pillos anotou o 1-2 a falta de 15 minutos para o final. As cousas puideron cambiar de terzo, pero o 1-2 mantívose como resultado final, que lle outorga ao Narón Balompé a súa segunda vitoria en 3 xornadas. Doutra banda o Galicia de Mugardos deixou unha boa impresión dun equipo ben traballado por Germán Amil que dará guerra e seguro que conseguirá a salvación.

voltaaria.com

9/06/2011

Derrota do Galicia de Mugardos en Laracha con Javi de porteiro

Galicia Vs Laracha (12 Decembro 2010)

O Galicia de Mugardos perdeu en Laracha por 3 a 0 por mor das xogadas a balón parado.


O xogador Sito foi o autor de dous dos tres tantos do equipo local. O Mugardos non xogou mal e mereceu máis pero se atopo coa estratexia do Laracha que foi, neste caso, eficaz. O primeiro tanto marcouno Sito tras o saque dunha falta e de tiro cruzado o esférico toca en Canosa y adéntrase na porta de Javi polo pao. Corría o minuto 34 de partido. Cinco minutos máis tarde, de novo as xogadas a balón parado teñen a sua eficacia para o Laracha. Deste xeito Sito de novo tralo lanzamento dunha falta consigue un golazo pola escuadra, nun tiro onde Javi non poido facer nada. Con 2 a 0 chegouse ao descanso.


O Mugardos tivo ocasións nesta primeira metade por exemplo cun tiro de Carballeira que a piques estivo o porteiro local de buscar o balón dentro da rede. Na segunda metade o Laracha sentenciou o partido no minuto 69 co gol de Héber tralo centro de Josiño. Antes o Mugardos tivo unha xogada para a polémica cun suposto penalti a Carballeira que o colexiado non pita. Tamén poido haber un penalti a Pitu no transcurso da segunda parte. Ao final 3 a 0 no marcador e os tres puntos que quedan en Laracha.

voltaaria.com