4/29/2009

Comunicado urxente do Comité Cidadán de Emerxencia



A todas as Asociacións

Prezados/as amigos/as:
Reganosa solicitou da Dirección General de Política Energética a ampliación da capacidade de emisión a 825.600 m3 (N)/H, da súa Planta de Regasificación de GNL en Mugardos. Isto supoñería ampliar ao dobre a utilización de auga da nosa Ría, que devolverán á mesma sen vida e a inferior temperatura.
Con este motivo, a Dirección General de Calidad y Evaluación Ambiental, está dirixíndose a distintas Institucións, Organismos, Entidades e Asociacións da nosa Comarca e de Galicia, ao obxecto de consultarlles se cren necesaria a realización do Estudo de Avaliación de Impacto Ambiental, ou se consideran suficiente as medidas de prevención propostas polos propietarios da Planta. Acompañan a ese escrito un CD informativo elaborado por Reganosa.
Ante esta situación, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, elaborou un modelo de resposta-tipo, para distribuír entre as entidades que desexen facelo seguir ao Ministerio de Medio Ambiente, con independencia de que haxan recibido ou non a comunicación do Ministerio.
Engadimos a este correo o modelo citado, no que deberán ser cubertos os datos da Asociación e do seu representante, para remitilo ao Ministerio, cuxo enderezo figura no encabezamento do escrito.

Unha vez remitido, e para control deste Comité, agradecemos nos indiquedes neste correo mailto:comitecidadan@gmail.com a data de envío.
Grazas pola vosa colaboración nesta loita de todos.

¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol


Prégase a máis ampla difusión



Orzamentos moi inflados

O goberno de Xosé Fernández Barcia, á fronte da Alcaldía de Mugardos, sacou adiante o pasado venres o orzamento para a presente anualidade co respaldo dos concelleiros do PSdG-PSOE e Independentes por Mugardos.
O grupo do PPdG e a edila de EU-IU votaron en contra dun proxecto contable, que ascende a 7.156.001 euros. Esta cantidade difire en máis de 600.000 euros con respecto á que estivo en vigor ao longo do pasado ano. Segundo o alcalde, a diferenza obedece ao ingreso, por parte de Reganosa, dos case 700.000 euros que a empresa achegará ás arcas municipais en concepto de Imposto de Bens Inmobles (IBI).
Por outra banda, cabe destacar outras cantidades tamén recollidas no documento e coas que a administración mugardesa pretende facer fronte a actuacións como a construción do centro de día, a piscina climatizada, o pavillón polideportivo e a instalación dunha canalización propia para a subministración de auga ao municipio a fin de evitar a caída de presión que se produce sempre que existe unha demanda non habitual por parte da planta de gas. A esta última intervención, valorada en máis de 1,8 millóns de euros, o Concello contribuirá cunha partida de 460.000 euros.
Outra actuación tamén prevista polo goberno de Mugardos para o presente exercicio é a obra para mellorar a subministración de auga ás poboacións de Franza, O Seixo e San Xoán.
O orzamento global que require esta actuación rolda os 400.000 euros, dos que a administración local achegará case a metade.

4/28/2009

Comprar a un prezo razoable


O presidente de Enagás, Antonio Llardén, mostrou hoxe o interese do xestor técnico do sistema pola adquisición a Unión Fenosa e Iberdrola de plantas de regasificación, pero advertiu de que só comprará estes activos se o prezo é "razoable". En todo caso, o presidente do xestor técnico do sistema gasista advertiu de que polo momento non hai "novidades concretas" á pesar de que se mantivo "algún contacto informal".
Na actualidade, existen seis regasificadoras en España, das que tres (Barcelona, Cartaxena e Huelva) son propiedade de Enagás, mentres que en dúas (a valenciana de Sagunto e a galega de Mugardos) participan eléctricas como Unión Fenosa e Iberdrola. A sexta regasificadora, a de Bilbao, é propiedade de Bahía de Bizkaia Gas. Ademais, Enagás traballa na construción dunha sétima regasificadora, a do Musel, que se atopa en Xixón e que estará en funcionamento en 2011.


4/27/2009

O Galicia de Mugardos ascende á Preferente Autonómica

Despois do ascenso, a por a Copa da Ría

O Galicia de Mugardos convertiuse na tarde de onte en equipo da Preferente Autonómica. O equipo logrou o sábado os 3 puntos ao gañar ao Meirás no campo da Pedreira. Onte o terceiro clasificado, O Val, empatou (1-1) na súa visita a Bertamiráns co que os mugardeses amarran a segunda praza que da dereito ao ascenso de categoría, cando faltan 2 partidos para o remate da competición oficial.

As evolucións do partido Bertamiráns – O Val seguíronse con especial interese desde a real vila mugardesa. Tamén os seguidores do Galicia de Mugardos B que xogaba onte a tarde en Maniños festexaron o empate de Ames que confirmaba o pasaporte para a categoría superior.
A totalidade dos equipos de Ferrolterra de Primeira e Segunda Autonómica transmitiron os seus parabéns ao club mugardés, que levaba varias tempadas intentando o ascenso.


O Galicia de Mugardos, afección incluída, que tras coñecer o seu ascenso matemático á Preferente Autonómica deu renda solta á celebración contida que se iniciou na cervecería Estrela Galicia de Mugardos e unha posterior cea no Mesón A Isla.

O presidente do club Domingo Martinez adiantou en Radiofusión a posibilidade de celebrar unha churrascada na data do sábado 9 de maio, coincidindo co último partido da Liga no que o Galicia recibe ao Orillamar. Deberá concretarse nos vindeiros dias, agardando pola autorización da Federación para adiantar o partido do domingo ao sábado.


O Mugardos ascende de xeito matemático á Preferente Autonómica

... Y el Galicia de Mugardos certificó su ascenso

4/26/2009

Francisco Martínez Leira, Pancho: a historia dunha fuxida sen retorno

Dúas imaxes de Pancho, sinalado cun circulo e vestido de lexionario, xunto a dous compañeiros

Lupe Martínez
Cátedra: revista eumesa de estudios, ISSN 1133-9608, Nº. 15, 2008, pags. 7-18

"Tendo en conta a situación nacional e internacional, 'botarse ao monte' á altura do ano 1948 pode parecer unha decisión suicida e, sen dúbida, éo. No interior, o réxime franquista facíase recoñecer a pistoletazo limpo e, no exterior, as potencias democráticas lexitimábano coa súa inacción e con actuacións tan desalentadoras como a nota do mes de abril de 1946. Nela, os ministros de Asuntos Exteriores de Estados Unidos, Francia e Gran Bretaña, instaban ao pobo español a ser el mesmo, sen inxerencia externa, o que restablecera un goberno democrático se así o desexaba. Devolvían deste xeito a pelota ao tellado dos opositores ao fascismo, confiados en que a vitoria aliada na II Guerra Mundial levaría a intervención destes e a inevitábel caída do réxime do xeneral Franco. Este, contando xa coa tranquilidade que a non intervención internacional lle proporcionaba, dispoñía de total liberdade para poñer en funcionamento toda a maquinaria represiva ao seu servizo e nas súas múltiples variantes, co fin de cortar calquera intento de atacar a 'nova España'.

Polo tanto, ante un panorama tan negro no que parece difícil imaxinar que un pobo aterrorizado tras unha guerra devastadora e unha posguerra non menos traumática, famento e afogado no pozo da miseria, poida rebelarse con éxito, 'botarse ao monte' en 1948 so pode ter unha triste lectura: a de fuxir dunha morte segura ou, cando menos, dunha situación de acoso e persecución difícilmente soportábel.
Cando Francisco Martínez Leira Pancho foxe ao monte o 22 de xaneiro de 1948, tras descubrirse a súa participación na folga do aceite e o azúcre que se desencadena en Bazán no ano 1946, faino para iniciar a derradeira viaxe da súa vida; prolongarase durante case sete anos e estará salpicada de múltiples accións que o converterán nun dos guerrilleiros máis sobranceiros das terras do Eume.
Pancho, militante do PCE, foxe ao monte nun momento especialmente critico para o discorrer da loita armada. A principios de 1948, a guerrilla sofre un acoso permanente por parte dunhas forzas represivas que van encadeando triunfos na particular guerra que manteñen cos homes do monte e que, nos meses posteriores, culminará coa detención dos líderes comunistas José Gómez Gayoso e Antonio Seoane Sánchez, os homes que levaron a guerrilla ao seu maior desenvolvemento e grao de combatividade. Os febles intentos do PCE por reconducir aos homes do monte serán estériles. Os novos dirixentes, José Sevil ou Coronel Benito, pouco poderán facer xa para endereitar a agónica situación.

As sucesivas caídas de guerrilleiros, puntos de apoio e enlaces multiplicaranse nos meses posteriores, e Pancho será testemuña directa do triste final dos seus compañeiros e do abandono ao que teñen que facer fronte os poucos que aínda resisten a ofensiva final das forzas represivas. Nese mesmo ano 1948 o Partido Comunista decide poñer o punto e final á súa tutela sobre a guerrilla e. aínda que esta tarda uns anos en verificarse por completo, o certo e que os homes do monte vivirán no maior desamparo as últimas sacudidas da loita armada. Aínda así. Pancho protagonizará un bo número de accións contra os paladins do réxime, ben como un guerrilleiro máis do Destacamento Arturo Cortizas ou ben como xefe da IV Agrupación do Exercito Guerrilleiro de Galicia, nomeamento que lle sobreven tras a marcha de Francisco Rey Balbis Moncho a Francia en 1950.
Dúas datas de vital importancia á hora de intentar trazar a rota que Pancho segue dende que foxe ao monte até que é abatido pola Garda Civil, son as referentes ao seu bautizo de fogo e ao momento da súa caída, Paradoxos da vida. e como nun intento de pechar o circulo, as dúas datas coinciden co comezo e a fin de 1949 e 1954 respectivamente.
A primeira data para o recordo é o 1 de xaneiro de 1949, case un ano despois de verificarse a súa fuxida: e a segunda data de especial interese é o 31 de decembro de 1954. día no que, co seu asasinato. se pon o punto e final á súa aventura revolucionaria. O obxectivo deste traballo non é outro que o de rememorar o particular viacrucis do noso home: o de recapitular as súas accións como fuxido, acompañado nun primeiro momento e so nos derradeiros intres da aventura, sen máis miras que as de custodialo na súa última viaxe.
Pouco podía presaxiar o grupo de veciños de Mugardos que celebraba a chegada do novo ano 49 no bar El Mugardés, que a festa se truncaría as 2:30 horas da mañanciña, cando tres guerrilleiros, Pancho, Riqueche e probabelmente Antonio Castro López Tocho, fixeron acto de presenza. Cominaron aos presentes a erguer os brazos, momento no que o veciño Juan Rey Mauriz. imbuído polo ambiente festivo e crendo que se trataba dunha broma, se dirixiu a Pancho, o guerrilleiro que levaba o peso da operación, dicíndolle: "tírame a min covarde". Pancho empurrouno, obviouno, disparoulle aos pos e dirixiuse ao seu obxectivo: Manuel Vázquez Fariña, ex alcalde franquista, delegado gobernativo e empregado como xefe administrativo de Bazán. A sorte aliouse con este, pois cando o guerrilleiro se dispoñía a dispararlle, de socato, a pistola atrancóuselle. Fariña, ante a dualidade de fuxir ou morrer, opta pola primeira e lánzase a carreira cara ao patio na compaña de Juan Rabina Cañizo, José Rojo Toimil e Arsenio Muñiz. Fernandez, Fariña, Cañizo e Toimil conseguen burlar os disparos que realiza Pancho; non así Arsenio Muñiz, que queda tendido na escaleira de caracol, morto. ...

Tras este incidente decrétase a detención de significados 'marxistas' que puidesen estar relacionados co intento de asasinato de Fariña e o asasinato de Muñiz. Trátase de Francisco Loureda Silvar Pellejo, José Fuentes Justo Pitón, Antonio Martínez Ferro Malayo, Román Ferrer Fernández Antopas, Juan Carnero Casal, Manuel Pérez Prados Porga, Manuel Bello Cartelle Xilguero e Florentino Iglesias Várela Floro, este último casado con Antonia Martínez Leira, irmá de Pancho. O 3 de xaneiro, catro deles, Francisco Loureda, José Fuentes, Florentino Iglesias e Antonio Martínez, son conducidos ao Val (Narón) co fin de que sinalen os puntos de apoio dos guerrilleiros nesa zona. Nas inmediacións do camiño de Mandiá, no punto de Catabois, o atestado policial fai constar que os catro homes intentaron fuxir amparándose na escuridade e na maleza existente. Tras desoír as voces de "alto" do sarxento Eduardo García Muñoz e, ante a posibilidade de perdelos de vista, a 'forza' abriu fogo causándolles a morte.... [Ler máis]
Grazas ao comentario de AngeldeCardido

O Concello incorpórase á Rede Xiana


O Concello de Mugardos incorpórase ao proxecto promovido pola Deputación da Coruña, no que participan 90 municipios da provincia e que, baixo o epígrafe "Rede Xiana", ten como obxectivo xerar políticas activas de emprego para maiores de 18 anos.
Un total de 78 cursos, a nivel provincial, impartiranse nos próximos meses e os veciños de Mugardos poden estar incluídos entre as máis de 1.100 persoas que se beneficiarán da iniciativa. Neste caso, aqueles que poidan estar interesados só terán que entrar en contacto, antes do día 22 do próximo mes de maio, cos responsables da área de emprego da institución municipal ou ben chamar ao teléfono 981 470 338 (ext.8).

4/25/2009

Comunicado da Plataforma Cidadá contra o Porto de Granadilla


A Plataforma Cidadá contra o Porto Industrial de Granadilla, en resposta ás directas alusións cara ao noso colectivo (así como cara a l@s decenas de miles de ciudadan@s de Tenerife que senten ou se sentiron identificades coa nosa loita), vertidas polo señor D. Ignacio González, presidente da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Tenerife, tachando de " irresponsables " a l@s membros deste colectivo cidadán, quere cuestionar aquí os argumentos que, segundo este organismo, xustificarían a " imperioso necesidade " de construír un porto industrial nas costas de Granadilla de Abona.

Cre vostede Sr. Ignacio González que é Responsable a construción dunha infraestrutura que ocasionaría graves e irreversibles repercusións Ambientais, condenando á desaparición a decenas de calas e praias en perfecto estado de conservación, que son precisamente as que atraen ao tan valorado "turismo de calidade" cara ás nosas costas?

Cre así mesmo que foi Responsable, a vertixinosa deterioración Ambiental, paisaxístico e cultural que vén sufrindo, en mans de construtores e politic@s desaprensivos, o fráxil e limitado territorio canario nas últimas décadas...


Para concluír, a Plataforma Cidadá contra o Porto Industrial de Granadilla quere facer saber a D. Ignacio González, ao organismo que representa e á sociedade canaria que, pola Gran Responsabilidade que nos compete, para co presente e sobre todo para co futuro da nosa Terra, seguiremos facendo todo o que estea nas nosas mans para Abortar dunha vez e para sempre o Inútil, Devastador e Ilegal porto de Granadilla !!.


[Ler máis] Comunicado da Plataforma Cidadá contra o Porto de Granadilla


O Goberno central irrompe no 'megapuerto' canario

4/24/2009

Outro incumprimento no volume da carga dos gaseiros

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, informa:

Que estando prevista a próxima entrada na Ría do gaseiro "LNG KANO" que sería o gaseiro cargado nº 44, probablemente para o sabado dia 25 do presente mes e informados de que a súa carga de gas excede o volume establecido na normativa legal, este CCE tomou a decisión de formular mediante sendos escritos a seguinte advertencia:

AUTORIDADE PORTUARIA DE FERROL-S.CIBRAO

DIRECCION XERAL DA ENERXÍA DO MINISTERIO DE INDUSTRIA

O abaixo asinante Manuel A. Rodríguez Carballeira -coordinador do Comité Ciudadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol-, con DNI … e enderezo …..(A Coruña) se dirixe a Vde. e Expon:
Tendo noticias da próxima entrada na Ría de Ferrol dun gaseiro cargado con GNL –“NLG KANO”- , con destino á Planta de Reganosa, que a capacidade de dito gaseiro sobrepasa os 140.000 m³ da outorgada a Reganosa e establecida nas normas de seguridade para entrada, atraque, desatraque e saida de grandes buques gaseiros; con base ao cual tamén se otorgou á autorización de construcción. A entrada de dito buque suporía un incumplimento flagrante e doloso da autorización de construcción e cuxa tolerancia podería acarrear responsabilidades personais para os organismos de control, por todo elo lles Solicito a adopción das medidas oportunas que impidan a entrada na Ría de Ferrol de dito buque.

Fene a 24 de Abril de 2009

Fdo. Manuel A. Rodriguez Carballeira
Coordinador do CCE

Advertencia de incumplimiento no volume da carga dos gaseiros

4/23/2009

Os mugardeses reciclan ao ano 2.500 litros de aceite usado

Un dos colectores localízase nas inmediacións do forno do Seixo

Mugardos foi un dos primeiros municipios da comarca en sumarse ao ecoloxismo doméstico. Este compromiso formalizouse fai agora máis de seis anos, coa firma do acordo polo que unha empresa faise cargo desde entón da recollida e o posterior tratamento do aceite usado nas casas.

Aínda que polo momento o goberno municipal non se expón unha posible ampliación do servizo, o certo é que este funciona e está dando moi bos resultados. Así o deixou claro onte o responsable de Medio Ambiente do Concello, Xosé Xoán Roca Lorenzo, que estimou que, no que se refire ao último ano, deixáronse de verter en tubaxes e desaugadoiros máis de 2.500 litros de aceite ou, o que é o mesmo, os mugardeses evitaron a contaminación que poden xerar eses litros no medio ambiente.

Por outra banda, explicou que a día de hoxe un total de nove recipientes específicos para a recuperación do contaminante en cuestión distribúense nas seguintes poboacións do termo municipal: O Seixo, Franza, San Xoán, Meá e Mugardos.

Diario de Ferrol

"David gañoulle a Goliat"

Os depósitos de fuel de Ferrazo son ilegais

A Sala do Contencioso do Tribunal Supremo confirmou que os depósitos de hidrocarburos levantados no peirao de Ferrazo, xunto a uns bancos marisqueiros en Vilagarcía de Arousa, foron tramitados sen os preceptivos estudos de impacto ambiental, polo que declara nulas de pleno dereito as resolucións da Consellería de Industria que autorizaron en 2000, baixo o Goberno de Manuel Fraga, as instalacións de almacenamento de produtos químicos e petrolíferos ás empresas Finsa e Foresa. A sentenza do Supremo confirma en todos os seus termos as do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que en 2006 deu a razón á Plataforma en Defensa dá Ría de Arousa, e condena ás empresas a pagar as costas.

Dúas varas de medir

Na Ría de Ferrol o complexo petroquimico chamado "Forestal del Atlántico" con 280.000 toneladas de combustibles líquidos e outros productos quimicos canceríxenos, máis a regasificadora de Reganosa con tanques que almacenan 300.000 toneladas de GNL e cos grandes buques gaseiros que entran a descargar, representa un perigo moito maior ao dos depósitos do Ferrazo en Vilagarcía, agrandado ademais polo feito de que os buques gaseiros a plena carga non teñen garantias de sair o mar en caso de unha emerxencia durante a descarga ou no seu tránsito polo interior da Ría de Ferrol.

No caso de Reganosa o TSXG emiteu duas sentenzas que anularon a tramposa tramitación ambiental feita pola Xunta de Galicia no ano 2001 , pero a firmeza de ditas sentenzas está atrancada porque no ano 2004 e no ano 2006 foron recurridas o Tribunal Supremo por Reganosa e tamen pola Xunta de Galicia.

Saudamos este éxito da poboación de Arousa, que é de tod@s e manifestamos a nosa confianza e determinación na consecución dos nosos obxectivos.

¡PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!

Artigo orixinal

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

A rede de R exténdese e xa chega a 1.500 fogares

que che parece?

R Cable Galicia prevé levar os servizos integrados de teléfono, internet de alta velocidade, televisión dixital e móbilR a preto de 1.500 fogares e locais empresariais de Mugardos. Cun investimento aproximado de 1,23 millóns de euros, R xa completou unha primeira fase das tarefas de despregamento de rede no núcleo urbano e proximamente está previsto acometer as obras na urbanización Pazo das Condesas, unha vez obtidos os permisos necesarios para comezar a obra civil. Teranse despregado, entón, 3 quilómetros e medio de fibra óptica e uns dous e medio de canalizacións. Ademais instalarase unha cabina telefónica de R na rúa Rosalía de Castro (zona do parque) e outra na Avenida de Galicia esquina rúa Cotellón, para abrir por vez primeira en Mugardos o servizo da telefonía pública á libre competencia.
A posta en marcha do proxecto de R en Mugardos apoiouse na plena disposición e colaboración do concello desta localidade coruñesa que, dende o inicio, manifestou o seu interese por situar a súa poboación ao máis alto nivel en canto á dotación das infraestruturas tecnolóxicas, así como por facilitarlles aos seus cidadáns o acceso a todos os servizos da Sociedade da Información. O alcalde de Mugardos, Xosé Fernández Barcia, dixo que "como alcalde é unha satisfacción que os veciños e veciñas e as empresas de Mugardos poidan gozar dun servizo de telecomunicacións de última xeración e que sexa unha empresa galega e comprometida co país como R a que o leve adiante".

A rede de R exténdese e xa chega a 1.500 fogares de Mugardos

4/21/2009

Homenaxe a seis fusilados do municipio


Unha vintena de veciños de Mugardos lideraron unha iniciativa que dará como resultado unha homenaxe popular a seis fusilados durante a guerra civil.
Trátase de Francisco Martínez Leira "Pancho", Manuel Bastida Franco "O Chone", Florentino Iglesias Varela, Joaquín Seco Franco, Román Díaz Díaz e Andrés Dopico Otero.
O acto prográmase para o día 1 do próximo mes de maio, coincidindo co día internacional dedicado ao proletariado, e consistirá nunha ofrenda floral no cemiterio de Meá, a partir das seis da tarde.
Segundo consta no escrito no que os organizadores deron a coñecer a súa iniciativa, trátase de recordar a "homes e mulleres proletarios que viviran e deran a vida na loita en favor da causa do proletariado galego e mundial: o socialismo; foran guerrilleiros ou non, estaban a favor do mellor para Galicia e a humanidade, non eran nin baldoleiros nin bandidos: a súa vida, os seus actos e a súa morte estaban inspirados nos mellores e máis altruistas principios republicanos”.

Diario de Ferrol

Ler Retallos da Memoria

Na capa de Chuza

4/20/2009

Os romanos de Punta Promontorio non coñecían o gas

Xacemento de Caldoval almacenado nun galpón (ou carpa)

Hoxe lin este comentario:
A vila romana de Caldoval (Mugardos) -vai ser exposta nun edificio que construirá Reganosa expresamente para ese fin- consérvanse sobre todo as termas, é dicir, unha luxosa zona de baños con piscinas de auga fría e quente. A temperatura elevábase mediante un sistema denominado hipocausto, que tamén permanece intacto, segundo informaron onte fontes da dirección xeral de Patrimonio da Xunta.
Outra estancia que se conservou ao longo dos séculos é a palestra ou patio previo á zona de baños, que se dedicaba ao lecer. Tamén se pode apreciar, pero moi deteriorada, un área de almacéns, onde os expertos cren que se gardaban obxectos relacionados coa explotación económica do litoral, talvez barcas.
Unha portavoz de Patrimonio explicou que das escavacións realizadas ata agora (entre o 2000 e o 2002) dedúcese que a vila foi construída no século III, aínda que ao levantar o xacemento para trasladalo á súa futura localización poderían aparecer muros máis antigos.
E cal é a miña sorpresa a decatarme que o xoves, día 23 de abril, ás 19:30h. acto público no centro cívico para analizar o borrador de convenio que propón o goberno do B.N.G. para a construcción do centro de interpretación arqueolóxica que por lei debe construir Reganosa.

O Galicia de Mugardos, máis cerca do ascenso

Unión Club Cee 0-2 Galicia de Mugardos

Tras un par de intentos errados, este ano si, parece que o Galicia de Mugardos poderá festexar o seu ansiado ascenso a Autonómica Preferente. O seu triunfo de onte ante o Unión Club Cee, unido ao empate do Val co Dumbría, deixa aos mugardeses con cinco puntos de vantaxe sobre a súa máis directo rival cando só quedan tres partidos para finalizar a competición de liga.
O conxunto que dirixe Cata tivo que empregarse a fondo para liquidar unha contenda que se lle puxo de face grazas á expulsión do local Rafa no minuto sete. Pero, ata con inferioridade numérica sobre o campo, o Cee mostrouse como un adversario aguerrido, capaz de incomodar ao Mugardos e que en ningún momento deu o partido por perdido.
A pesar de contar con algunhas ocasións con anterioridade, non foi ata o minuto 40 da primeira parte cando Álex Saracho logrou desequilibrar o marcador a favor dos mugardeses. O tanto chegou tras un centro de Tenreiro que o propio Saracho remata en primeira instancia. O balón non chegou á portería, pero o dianteiro adiantouse ao porteiro e volveu rematar.
Na segunda parte, a formación local buscou con máis intensidade a meta mugardesa. A súa convicción non chegou parella, con todo, ao acerto, máis cando, co paso dos minutos, o feito de xogar cun home menos case todo o partido comezou a pasarlle factura no terreo físico. O Galicia de Mugardos, a base de contraataques, levou en varias ocasións o perigo á meta de Mingos. A sentenza, con todo, non chegou ata o último minuto, obra de Diego.
Festa ao grande nas bancadas do Conco, onde se deu cita unha nutrida representación de afeccionados do Galicia de Mugardos.

Diario de Ferrol

4/15/2009

Grave incumprimento das Normas de Seguridade en Reganosa

Descarga masiva (2x1)

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, denuncia publicamente un grave incumprimento da Normativa de Seguridade establecida pola autoridade Portuaria de Ferrol para a atracada e desatraque dos gaseiros cargados de GNL na Planta de Gas de Reganosa.
O gaseiro "Al Marrouna" cunha capacidade de 149.539 m3, excede da capacidade máxima permitida nesta Ría, que é de1 40.000 m3.
Durante as operacións de descarga do "Al Marrouna", o pasado luns 13, outro buque atracou na súa proximidade, contraviniendo a prohibición de navegar ou manobrar a menos de 200 m. dos gaseiros no interior da Ría.
Reganosa e Autoridade Portuaria de Ferrol (que nin sequera segue as súas propias normas de seguridade) están pondo en gravísimo risco, de forma continuada e premeditada, a toda a poboación da Ría de Ferrol.

Antes que suceda a anunciada catástrofe -aínda estamos a tempo-




4/13/2009

Reganosa queda obsoleta cos novos megabuques

Gaseiro "Al Marrouna" atracando esta tarde na planta de gas de Mugardos (reganosa.ferrol )

O mercado do GNL está pasando por unha forte transformación e modernización técnica para facelo máis competitivo e atractivo aos consumidores. Por unha banda mellorouse a tecnoloxía das plantas de licuefacción de gas natural logrando licualo a menor custo e por outra utilizando plantas regasificadoras menos contaminantes e incorporando as modernas plantas flotantes (FSRU en offshore) afastadas de zonas poboadas ou frecuentadas polo público.
Desde o punto de vista do transporte a tecnoloxía actual dos buques gaseiros desenvolveuse cara a buques de maior capacidade de carga como os gaseiros tipo Q-flex ou como os Q-max.
Estes buques gaseiros de dobre liña de eixos e temóns xemelgos son impulsados por motores diesel lentos con mellor rendemento enerxético que as plantas propulsoras dos gaseiros actuais xa que a maioría son propulsados por plantas a vapor a turbinas engranadas a unha soa liña de eixos. O combustible utilizado nestas plantas é o propio gas natural que transporta.
A planta regasificadora de Bilbao operada por BBG xa recibiu, en xaneiro deste ano, un destes buques Q-max de nome Mozah, xa que o seu pantalán e porto permíteno. As plantas regasificadoras españolas situadas en Sagunto, Cartaxena, Huelva e Barcelona están facendo provisións orzamentarias para adecuar os seus terminais de descarga ás inminentes atracadas destes grandes e modernos gaseiros.
A planta regasificadora da Ría de Ferrol non podería recibilos debido ás serias limitacións en calado e trazado da canle de acceso ao interior da ría.
Debemos remarcar o feito que dos corenta gaseiros que recibiu a planta regasificadora unha decena tivo que arribar na Ría de Ares debido ás condicións climatolóxicas existentes na canle de acceso á Ría de Ferrol (principalmente ventos e néboas) e esperar a que fosen favorables para unha navegación sen riscos por devandita canle.
Obviamente estes buques de maior calado e manga que os convencionais non poderían entrar na Ría de Ferrol polo que a planta regasificadora estaría condenada a recibir os vetustos gaseiros propulsados a vapor e de baixa rendibilidade económica.

4/11/2009

Perigo!! gaseiro 43 cargado con GNL para Reganosa

Gaseiro Al Marrouna

O luns 13 de Abril está prevista a entrada dun novo gaseiro na Ría de Ferrol trátase do "Al Marrouna", este buque coa súa perigosa carga de Gas Natural Licuado (LNG), para a ilegal Reganosa, faría o nº 43 que entra na Ría desde Maio de 2007, poñendo en alto risco de inseguridade a miles de persoas.
Unha vez máis esta irresponsabilidade non pode quedar sen resposta, é por iso, polo que o Comité Cidadán de Emerxencia decide convocar a CONCENTRACIÓN de protesta, este luns 13 de Abril, ás 7 da tarde, na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, en Ferrol, para amosar a súa desconformidade coa entrada, na Ría, de buques cun cargamento tan perigoso como é o GNL, e para denunciar a corrupción e o despropósito gasístico que representa Reganosa, esixindo o seu desmantelamento xa!

Comité Cidadán de Emerxencia

En Chuza

Colectivo Átraba 21

Localización do "Al Marrouna"

Carta do Ministerio de Medio Ambiente sobre Reganosa


Reganosa solicitou da Dirección General de Política Energética a ampliación da capacidade de emisión a 825.600 m3 (N)/H, da súa Planta de Regasificación de GNL en Mugardos. Isto supoñería ampliar ao dobre a utilización de auga da nosa Ría, que devolverán á mesma sen vida e a inferior temperatura.
Con este motivo, a Dirección General de Calidad y Evaluación Ambiental, está dirixíndose a distintas Institucións, Organismos, Entidades e Asociacións da nosa Comarca e de Galicia, ao obxecto de consultarlles se cren necesaria a realización do Estudo de Avaliación de Impacto Ambiental, ou se consideran suficiente as medidas de prevención propostas polos propietarios da Planta.
Acompañan a ese escrito un CD informativo elaborado por Reganosa.
Ante esta situación, o Comité Cidadán de Emerxencia, ademáis das medidas legais que oportunamente desenvolverá, está elaborando un estudo e un modelo de resposta-tipo, para distribuír entre as entidades que desexen facelo seguir ao Ministerio de Medio Ambiente.


4/07/2009

A Festa do Polbo de Mugardos de Interese Turístico


Peña gañadora do concurso de camisolas edición 2008, deseño de Artritris

O Consello da Xunta declarará mañá de Interese Turístico a Festa do Polbo de Mugardos.

Grazas a este recoñecemento a festa de Mugardos contará con maiores recursos económicos e unha maior proxección turística en toda a comunidade. Aínda que o Concello levaba varios anos estudando a posibilidade de presentar a festa para a súa declaración de interese turístico, non foi ata este ano cando se presentou toda a documentación requerida pola Xunta.
O evento que nesta edición cumpre dezanove anos de historia celebrarase o vindeiro 11 de xullo nas inmediacións do peirao.
O ano pasado servíronse preto de 1.200 racións de polbo entre as máis de 10.000 persoas que se achegaron polo municipio para coñecer de preto a festa. Este ano o Concello espera recibir a un maior número de persoas.

Historia: Aínda que “oficialmente” a Festa do Polbo de Mugardos vénse celebrando desde o ano 1990, para coñecer as súas orixes hai que remontarse moitos anos atrás. No século XVIII Mugardos era un dos portos do norte de Galicia máis importantes na pesca do polbo, polo que os seus habitantes especializáronse na súa preparación “á mugardesa”. Por aquel entón os veciños do municipio celebraban ó final do verán “A Xira ó Baño”, na que organizaban unha festa do polbo. Na década dos oitenta pasou a ser organizada pola comisión de festas que a trasladou do Baño ó peirao (onde continúa celebrándose na actualidade) e xa en 1990 coa implicación do Concello, nace a I edición da Festa do Polbo.

europapress.es/galicia

Diario de Ferrol digital

As obras da piscina compartida estarán acabadas no verán

Piscina xunto a rotonda de Franza (á beira da vía rápida).

As obras na instalación deportiva, que se atopa na localidade mugardesa de Franza, estarán concluídas o próximo mes de xullo, segundo as estimacións que barallan os técnicos da empresa que executa os traballos que así llo confirmaron onte a Fernández Moreda e aos rexedores dos concellos de Ares e Mugardos, Julio Iglesias e Xosé Fernández Barcia.
O proxecto da piscina cuberta climatizada para uso dos veciños de ambos municipios articúlase a través dun convenio de colaboración subscrito pola Deputación da Coruña, que, a tenor do reflectido no mesmo, financia case o 91% do orzamento da instalación deportiva cunha achega global de 1,5 millóns de euros, tal e como se pon de manifesto desde a administración provincial.
O proxecto da piscina foi redactado pola arquitecto Mercedes Hermida e responde a un deseño funcional que combina o formigón coa madeira e o vidro, con amplas zona acristaladas. O vaso da piscina (falábase de dous) ten unhas dimensións de 25 x 12,5 metros, e o edificio contará nas súas instalacións con placas solares para o aproveitamento desta enerxía para a auga sanitaria das duchas e servizos. O inmoble contará tamén con salas de fisioterapia, ximnasio, sauna, vestiarios e outros servizos anexos.

4/05/2009

De pescadores a soldados do mar

Francisco Fernández García

Un dos capítulos máis descoñecidos da Guerra Civil é o protagonizado pola Marina de Guerra Auxiliar de Euskadi. Unha unidade formada por persoal civil que foi creada en outubro de 1936 polo Goberno vasco para axudar á Marina Republicana na protección do tráfico costeiro e a limpeza de minas nos accesos aos portos. Dos máis de 900 pescadores que se alistaron voluntariamente nesta forza naval, preto dun centenar eran galegos. Na súa maioría, fincados na vila de Pasaxes (Vizkaya). Durante o ano de operacións da unidade, 62 pescadores convertidos a soldados de mar faleceron, cinco deles galegos.

Esta é a súa historia 70 anos despois do final da Guerra Civil.

"O meu pai era un home robusto. Pola súa altura, puxérono no canón de popa. Nada máis botar o primeiro refacho o [cruceiro franquista] Canarias, pillouno en todo o ventre". Francisco Fernández García, de Mugardos, tripulante do bou armado Nabarra afundido o 5 de marzo de 1937, foi o primeiro pescador convertido en soldado que caeu na batalla de Matxitxako.

A filla do mugardés Francisco Fernández, Paqui, naceu un mes e medio despois de que el falecese no combate entre o Canarias e un grupo de pesqueiros vascos nas costas de Biscaia. Na súa casa, apenas se falaba do ocorrido. "Non foi ata fai corenta anos cando me decatei como falecera. Ata entón só sabía que morrera na batalla de Matxitxako, pero descoñecía as circunstancias nas que se produciu a batalla", relata Francisca desde a localidade guipuscoana de Pasaxes.

Francisco Fernández era un de 83 galegos que se alistaron voluntariamente na Marina Auxiliar vasca, creada en outubro de 1936 polo Goberno de Euskadi para axudar ás forzas navais republicanas a protexer o tráfico marítimo e a actividade pesqueira e manter libres de minas submarinas os accesos aos portos vascos. Logo dos biscaíños e os guipuscoanos, os galegos formaban o grupo máis numeroso dos 900 voluntarios da Mariña vasca, en torno ao 10%. [Ler máis +]

A nena que non coñeceu ao seu pai

De pescadores a soldados do mar

70 Aniv. da derrota da República

4/04/2009

España ten moi mala fama no Europarlamento

Bodil Ceballos parlamentaria sueca

Tiña a parlamentaria sueca, Bodil Ceballos, a oportunidade de manter un encontro cos veciños do Castillo del Romeral para mostrar o apoio dos Verdes europeos á súa loita veciñal contra os proxectos da macrocárcel e a regasificadora de Arinaga.

Ceballos é deputada do Parlamento de Suecia polos Verdes ademais de concelleira do seu municipio. É membro da Comisión de Asuntos Exteriores do Parlamento Sueco, e conta cunha ampla traxectoria na denuncia da explotación de corporacións europeas en América Latina. É avogada en dereito ambiental e nesta faceta, traballou 10 anos no Parlamento Europeo na Comisión de Asuntos Xurídicos. viviu durante varios anos en Cataluña, polo que fala perfectamente español. Actualmente é candidata polos verdes ás próximas eleccións europeas.

Manifestou a importancia de que os políticos locais póñanse á fronte das reivindicacións para ter máis posibilidades de gañar as loitas. Así temos exemplos talles como o alcalde de Vilaflor, a alcaldesa de Granadilla co peirao e o alcalde de Agüimes coa regasificadora. Na charla deuse información aos veciños sobre varios temas.

Así indicou que España e Grecia dispútanse o primeiro posto en violacións ao dereito ambiental europeo, e que recentemente España foi condenada polo Parlamento europeo, pola urbanización masiva das costas e os pelotazos urbanísticos, mentres doutra banda utilízase a famosa lei de costas para prexudicar aos pobres, nunca aos poderosos. Por todo iso, España ten moi mala fama no Europarlamento, fama de país contaminante, con alto grao de corrupción, e do cal os políticos manexan as leis á súa antollo. En Suecia, non hai tanta corrupción como en España, o verdadeiro control aos políticos, fano os medios de comunicación, que son independentes, ademais de realizarse un exhaustivo control dos ingresos dos políticos. [Ler máis +]

blog.consejovecinoscastillo.org

4/03/2009

Instalado o sistema acústico de alarma

A torreta no rueiro do Penedo

Despois de case dous anos de funcionamento dá planta de gas de Reganosa instalada no interior dá ria de Ferrol, xa esta colocada a torreta que con aproximadamente quince metros de altura dá soporte ao sistema acústico de alarma.
Dá moito medo ver esa torreta de 15 mts á veira dás casas acentuando mais se cabe o temor dos veciños que teñen que pasar a carón dela a diario.
Tamén dá que pensar que dita obra se fixera xusto despois dás eleccións á Xunta de Galicia.

A lancha de Mugardos retoma o servizo

A lancha "Rías Altas Uno" (Romarin)

O servizo de transporte marítimo entre Ferrol e Mugardos comezará a funcionar de novo coincidindo coa Semana Santa. Segundo indicaron desde Fernández Cabana, a empresa responsable da liña, mañá haberá xa viaxes se o tempo acompaña.

A liña diaria entre Ferrol e Mugardos estará operativa, segundo as previsións da compañía, desde mañá ata o domingo 12 de abril, coincidindo coa Semana Santa, como foi habitual nos últimos tres anos. O servizo de transporte limítase na actualidade a estas datas e aos meses estivais, coincidindo aos períodos vacacionais e a afluencia de turistas á cidade.

Segundo explicou Francisco Fernández Cabana, propietario da firma, os horarios serán os mesmos que o pasado verán. Haberá viaxes regulares cada hora entre as once da mañá e as oito da tarde.

As saídas desde Ferrol serán ás horas en punto, mentres que desde Mugardos serán ás medias. Unicamente haberá unha interrupción, entre as tres e as catro da tarde. Segundo estes datos, xa que logo, realizaranse 16 traxectos diarios, oito en cada sentido.

En conxunto, isto suma máis de 140 viaxes durante toda a semana.

Diario de Ferrol